En Marea, lista para a negociar co PSOE cando fracase a investidura

Cre realmente o PSdeG nun cambio de goberno en Galicia cando a nivel estatal pacta cun partido que non ten programa para o país? Esta é a pregunta que se fixo hoxe a voceira parlamentar Alexandra Fernández.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/02/2016 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A portavoz de En Marea no Congreso sinalou nunha entrevista en Radio Galicia que “quen ten máis complicado explicar que realmente quere un cambio político para Galicia é o PSdG porque acaba de pactar con Cidadáns que non ten programa para Galicia e que na campaña das xerais dixo que non o darían a coñecer ata despois das eleccións, o que é escandaloso”.

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández

Tras coñecerse o pacto entre Pedro Sánchez e Albert Rivera, a deputada recoñeceu que “quedamos un pouco decepcionados pero tamén temos claro que a investidura vai ser fallida e que seguiremos coa man tendida para seguir falando e que o PSOE repense a súa estratexia e que papel vai xogar nos próximos anos como partido político”.

Fernández engadiu que unhas hipotéticas novas conversas cos socialistas deben abordar temas de ámbeto galego como o impulso dos sectores produtivos galegos e un plan de reindustrialización; ademais de cuestións como a rexeneración democrática. Ao igual que os líderes de Podemos, a voceira de En Marea -cos que comparte grupo parlamentar- cre que a única garantía de que o PSOE cumpra as súas promesas é colaborar nun Executivo común.

De cara as eleccións autonómicas, a política, militante de ANOVA,  aposta abertamente por reeditar a coalición porque é unha “suma que multiplica”. Para dotar de estrutura concreta a un pacto Fernández propón regular espazos rendición de contas dos deputados e representantes institucionais.

escandaloso?.

Sobre o Bloque, a deputada di que En Marea mantén a porta aberta ao BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 txovitxová

fog fpg fpg ninguneá!!! ha ha ha!!!

5 Próculo

Xa

4 Apontamento

Os paripés desta xente son penosos, dan lástima. A FPG-Anova está entregada en corpo e alma a Podemos, son a marca branca desta formación política.

3 xacobe

Van negociar un "anexo"

1 Xandokas

Eso! ..jajajajajajaja...........

2 Gamela

Rendición de contas ante quén...? ante a coordinadora nacional de ANOVA? ante o Consello Político Nacional de Esqueda Unida? Sen dúbida a coalición de En Marea é unha SUMA QUE MULTIPLICA para quenes levaban séculos agochados ben no BNG ben en EU e ninguén lles fixo caso na súa vída! E agora vai ser que grazas a un invento que TODOS CRITICARON e seguen criticando comoa é PODEMOS resulta que MULTIPLICAN cargos e votos que na súa vida viron xuntos ??? E todo este percorrido para chegar a pactar co PSdG en Galicia ?

1 Xandokas

Rendición de contas perante o mariscal de campo Philippe Pétain!