Máis de 120.000 galegos emigraron ao estranxeiro dende 2009 e xa superan o medio millón

Malia que a Xunta insiste na recuperación económica o certo é que cada vez hai máis galegos que marchan do país. En 2015 o número de residentes galegos no exterior creceu en 10.000 persoas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/03/2016 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A sangría da emigración non cesa. Malia que Goberno central e Xunta seguen presumindo dunha suposta recuperación económica, o certo é que Galicia e España seguen perdendo poboación. Por primeira vez, o número de galegos no estranxeiro superou a barreira do medio millón. En concreto, a 1 de xaneiro de 2016 había 503.840 galegos no exterior, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Xuntanza de galegos en Manchester.
Xuntanza de galegos en Manchester. | Fonte: Daniela Juncal Riley.

No útltimo ano, a emigración galega creceu un 1,99%, pasando de 493.970 persoas hai un ano aos actuais 503.840, é dicir, 9.870 máis emigrantes. Do total actual, 106.182 están en Europa, o 21%.

Os datos son máis alarmantes se se miran con perspectiva histórica, xa que a comunidade galega no exterior disparouse nos últimos anos. Así, dende 2009 aumentou en 120.241 persoas de Galicia no estranxeiro, é dicir, en 2016 se rexistrou un 31,34 por cento máis de emigrantes que hai sete anos.

Por provincias, os coruñeses son os que máis emigran, seguidos de pontevedreses, ourensáns e lugueses. 

A emigración galega no exterior representa o 21,85% do total da española, que ascende a 2.305.030 persoas.

  2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
A CORUÑA 135.377 141.626 149.072 155.808 161.436 166.623 171.501 174.984
 LUGO 48.540 51.718 56.442 60.450 63.361 66.088 68.666 70.274
OURENSE 85.302 89.459 95.139 99.548 103.389 106.702 109.779 111.647
PONTEVEDRA 114.380 118.265 124.563 130.006 135.626 140.145 144.024 146.935

Fonte: INE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 aleshandre

Titular falso. Según o IGE hai en 2016 150 mil residentes no extranxeiro nados en Galiza. Polo que os 350 mil antes do 2009 son fillos de emigrantes (galegos si, mais que non emigraron de Galiza por traballo). Polo que a emigración galega é roporcional a poboación do estado aprox 7%.

2 Antinostrus

E por que non emigrará o Mononeuronalcipaio do Nostrus, digo eu...acabaremos dándollelo de comer aos porcos......a falta de cancodrilos.......

1 xDDDD

jajajajajajaj que razón tes meu, o que pasa é que igual algún día botariamos de menos os seus chistes...

1 Tete

A información é errónea, estades falando de descendentes de galegos que se anotan no Padrón, pero que non pisaron nunca Galicia. Non son emigrantes, corrixídeo porque é falso.

1 emigrante

Seguramente os 300 e pico mil galegos que había no estranxeiro en 2009 puxéronse a follar como locos e outros acordaron agora que son galegos e de aí que agora haxa 120.000 máis. Ou debe ser que todos os mozos e mozas que coñecín na emigración son turistas a longo prazo.

2 xDDDD

Ti en vez de Tete tíñaste que chamar pu-ta bida tete, que no levante está máis de moda