Piden que a Fiscalía abra investigación pola aparición dunha bacteria no hospital de Vigo

O Defensor do Paciente di nunha misiva remitida á Fiscalia que a Klebsiella "é mortal en persoas con baixas defensas e isto case no 100% sucede nos hospitais, por iso a precaución debe ser máxima".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/03/2016 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A presidenta do Defensor do Paciente, Carmen Flores, pediulle á fiscal xefe de Vigo, Susana García Vaqueiro, que abra de oficio unha investigación sobre a suposta aparición dunha bacteria no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que podería afectar a catro pacientes.

Quirófano do Álvaro Cunqueiro, o novo hospital de Vigo
Quirófano do Álvaro Cunqueiro, o novo hospital de Vigo | Fonte: Xunta

Dita petición ten que ver coas noticias difundidas nas que se informa de que catro persoas poderían estar illadas en dito centro sanitario ao infectarse pola bacteria Klebsiella. Unha enfermidade que, suliña, "é mortal en persoas con baixas defensas e isto case no 100% sucede nos hospitais, por iso a precaución debe ser máxima".

O Defensor do Paciente informa de que este tipo de infeccións "son propias de centros hospitalarios e evitables se se cumpren a machada de forma inescusable os protocolos establecidos por lei". detállase na misiva, a citada bacteria "é mortal en persoas con baixas defensas e isto case no 100% sucede nos hospitais, por iso a precaución debe ser máxima".

"Pola súa gravidade non temos máis remedio que solicitarlle a apertura de oficio dunha investigación de como se produciron as infeccións e en que estado está o cumprimento de protocolos de protección e a asepsia do propio centro", di a carta enviada á Fiscalía.

"No caso de non ser así, deberán responder ante a Lei por abandono de funcións pondo en risco ás persoas", engade. "Un paciente entra nun hospital para mellorar se é posible, pero nunca para morrer doutra patoloxía engadida por falta de limpeza ou outros condicionamentos evitable", conclúe a carta do Defensor do Paciente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Que podemos agardar dun Hospital que ten que esterilizar o seu material fóra do propio Hospital... e no que o instrumental cirúrxico vén sucio (e teñen que suspender operacións programadas por falta de material estéril...) ? Seica máis que un centro sanitario estamos PAGANDO por un criadoiro de cogumelos de deseño e mal comunicado... Pero alguén COBRA e ninguén sinala aos ladróns ?

1 nostrus, a bacteria

A bacteria nostrus tamén infectou aquí no Galicia Confidencial, onde anda postando o seu catecismo de nacionalismo espanhol.