Por E.P. | Ferrol | 14/02/2025 | Actualizada ás 11:07
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a orde da Consellería de Sanidade que establece os servizos mínimos para a folga que está convocada para os traballadores de Serveo, empresa concesionaria do servizo de limpeza dos hospitais públicos da área sanitaria de Ferrol, entre este luns e o mércores.
Así, requírese a presenza da totalidade dos efectivos para as áreas de Urxencias, o laboratorio de urxencias, Radiodiagnóstico de urxencias, UCI, os quirófanos, reanimación posquirúrgica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálese.
Para estes servizos está programada, por tanto, 15 limpadores na quenda de mañá, outros 15 no da tarde e tres pola noite.
En canto a Radioloxía intervencionsita, esterilización e hospitalización, os servizos mínimos estarán fixados no 70 por cento --14 de mañá, sete de tarde e ningunha persoa de noite--; e no resto de áreas no 50 por cento --catro de mañá e seis de tarde--.
Segundo explicaron o xoves responsables da CIG deste servizo, a folga estenderase desde as 00.00 do luns ata as 24.00 horas do mércores e afectará os hospitais Arquitecto Marcide, Naval e Profesor Novoa Santos. O obxectivo é protestar pola "excesiva carga de traballo" que lles impón Serveo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.