Medio milleiro de persoas volve reclamar que o Galiñeiro sexa parque natural

Coa música de gaiteiros de morgadáns, os pomeas de Manolo Pipas e o manifesto que leu o escritor Fran Alonso, centos de persoas volveron subir a este mítimo monte do Val Miñor para pedir unha maior protección.

Por Galicia Confidencial | Gondomar | 18/04/2016 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

A Serra do Galiñeiro necesita protección. O monte que alberga un rico patrimonio cultural e natural e que representa un fabuloso balcón desde o que observar a ría de Vigo volveu contar un ano máis co apoio de centos de persoas.

V Andaina pola proteción da Serra do Galiñeiro
V Andaina pola proteción da Serra do Galiñeiro

Este domingo celebrouse a VI Andaina do Galiñeiro, un roteiro que ten coma finalidade reclamar a declaración de parque natural para este espazo singular. Un evento no que participaron medio milleiro de persoas a pesar da mala climatoloxía.

Desta volta, o roteiro ascendeu pola vertente oeste do monte e sur, pasando polas aldeas de Prado, Vincios ou Vilas. Os participantes visitaron unha mina abandonada, o chan de mámoas e o alto dos Penidos a través de antigos camiños en desuso.

A xornada estivo amenizada polos gaiteiros "Balcón do Val Miñor" de Morgadáns, que abríu a xornada e contou coa participación de "Manolo Pipas" que leu os seus poemas, Bagunda que amenizou a marcha e o escritor Fran Alonso que leu o manifesto final. Un manifesto no que lembrou que a Serra do Galiñeiro "é o ventre que atesoura no seu interior un inmenso patrimonio cultural, antropolóxico, xeolóxico, histórico e arqueolóxico".

"Hoxe, a cidadanía do Val Miñor, a cidadanía de Vigo, a cidadanía da Louriña, a cidadanía do Baixo Miño, participamos nesta VI Andaina pola Serra do Galiñeiro, sobre todo, porque non queremos ser cómplices. Non queremos ser cómplices da transformación da bondade dos recursos naturais en maldade para abastecer a opulencia; non queremos ser cómplices da especulación irresponsable; non queremos ser cómplices da queima, verán tras verán, das nosas fragas e da destrución das especies
arbóreas que viron nacer a antiga Gallaecia...", suliñou no seu escrito no que, novamente, insistiu na necesidade e protección para este espazo natural.

Os gaiteiros Balcón do Val Miñor de Morgadáns na VI Andaina do Galiñeiro
Os gaiteiros Balcón do Val Miñor de Morgadáns na VI Andaina do Galiñeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta