O programa de Bertín Osborne pasará a denominarse ‘En tu offshore o en la mía’

A productora do exitoso espazo televisivo aproveitará o filón do coñecido caso dos papeis de Panamá para reformular o programa de entrevistas que presentaba Bertín Osborne ‘En tu casa o en la mía’.

Por GcToday | Panamá | 24/04/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O primeiro paso vai ser un cambio de nome do popular programa que pasará a denominarse ‘En tu offshore o en la mía’ e, fontes próximas indicaron que o primeiro convidado do novo programa podería ser o ministro en funcións José Manuel Soria.

bertin osborne jose manuel soria en tu offshore o en la miaAs mesmas fontes indicaron que a equipa do programa xa se está a frotar as mans coas audiencias que produciría a aparición no programa do ministro, de Pedro Almodóvar ou de Imanol Arias.

Deste xeito indicaron que van proceder a modificar algunhas das situacións típicas do programa e, así, poderemos ver aos entrevistados cociñar unha declaración de impostos, contar anécdotas das viaxes a Panamá ou falar dos remordementos que produce non pagar un so duro de impostos.

Os guionistas agardan, tamén, poder abrir no programa un novo espazo, tipo Bricomanía, para dar consellos de inversión do tipo ‘Gaña diñeiro pedindo un préstamo a un banco co aval dos cartos que teñas nunha sociedade túa no extranxeiro’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Papeles

Agora o canal que emite o programa de Bertín non é a 5, senón o canal de Panamá.Vaia dous exemplares..!