Concurso de Carteis para a XXVI edición da Feira do Viño de Valdeorras

A convocatoria está aberta a todos os interesados en participar, veñan ou non do mundo artístico, e pídese que a obra "inédita" poña en valor o “saber facer único” do sector vitivinícola da comarca. O premio para o gañador ou gañadora será de 1.000 euros.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 09/04/2025 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén de convocar o Concurso de Carteis para ilustrar a vixésimo sexta edición da Feira do Viño de Valdeorras. Os creadores e as creadoras participantes, veñan ou non do ámbito artístico, deberán confeccionar unha obra que poña en valor o “saber facer único” do sector vitivinícola da comarca.

Copa de Godello. Foto: CRDO Valdeorras.
Copa de Godello. Foto: CRDO Valdeorras.

Para participar, a única condición indispensable é a de que o material presentado sexa inédito, podendo concurrir ao concurso cun máximo de tres propostas diferentes. O tamaño do cartaz orixinal será de 43 x 63 centímetros en posición vertical.

Os carteis haberán de presentarse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png e en alta resolución (mínimo 300ppp), e a proposta enviarase por email á dirección comunicacion@dovaldeorras.com, indicando nome, apelidos, enderezo e número de teléfono do autor. A data límite de recepción de propostas rematará ás 12:00h do día 24 de abril de 2025.

As BASES completas e ao detalle do concurso están publicadas na web do Consello Regulador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta