O 15 de maio, clave para o futuro da confluencia galega

A coordinadora de En Marea anuncia unha asemblea aberta para fixar a estratexia cara as eleccións españolas e galegas. Polo de agora, os socios manteñen posturas diferentes sobre a forma que debe adoptar a coalición.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/04/2016 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

A inminente convocatoria de eleccións xerais precipita os acontecementos na coalición En Marea. Un dos socios, ANOVA Irmandade Nacionalista, anunciou que “haberá asemblea xeral aberta de En Marea o 15 de maio para camiñar cara ás eleccións ás cortes e ao Parlamento Galego”.

Deputados e senadores de En Marea antes dun acto en Vigo
Deputados e senadores de En Marea antes dun acto en Vigo

O anuncio prodúcese despois dunha longa reunión este venres entre responsábeis de ANOVA, Esquerda Unida, Podemos Galicia e algunhas mareas municipalistas. 

Todos coinciden na necesidade de reeditar a coalición e ampliala polas bases con tempo, para evitar os apuros e improvisacións do 20D. Agora ben, subsisten as diferencias sobre cal é a mellor forma de artellar a coalición.

O grupo xa iniciou a inscrición de En Marea como partido diante do Ministerio do Interior, que polo de agora non finalizou a tramitación do expediente. Con todo, esta solución (a de crear un partido aínda que sexa co alcume de “instrumental”)  non é compartida por todos.

Un dos factores a ter en conta son as negociacións entre Podemos e Izquierda Unida. Os dous actores déronse un prazo dunha semana para pechar un acordo, que consideran está encamiñado. Un pacto a nivel estatal obrigaría a que Esquerda Unida e Podemos Galicia buscaran outro acordo ad hoc no país para incluír nesa confluencia a outros actores, especialmente a ANOVA.

O partido de Xosé Manuel Beiras e a marea de Santiago (Compostela Aberta, liderada polo dirixente de ANOVA Martiño Noriega) son os defensores máis decididos da postura do partido instrumental. Xosé Manuel Beiras -líder de ANOVA- argumenta que así a Mesa do Congreso non podería volver a negar o grupo parlamentar propio a En Marea, como sucedeu tras o 20D. 

Os que argumentan en contra do partido instrumental advirten que o regulamento do Congreso tamén especifica que non poderá haber deputados dun mesmo partido en dous grupos parlamentares. Un requirimento que, por outra parte, a propia mesa do Congreso violou varias veces no pasado sen ser corrixida polo Tribunal Constitucional.

Seguindo esta liña de razoamento, sería imprescindíbel que a Mesa do Congreso fose proclive a conceder o grupo parlamentar á confluencia aínda que haxa deputados militantes de Podemos e Esquerda Unida e a existencia dun partido propio non resultaría, polo contrario, fundamental. Algúns grupos de Podemos, como o de Santiago, xa expresaron as súas dúbidas sobre é compatíbel a militancia en Podemos coa militancia noutra formación oficialmente inscrita no Registro de Partidos do Estado. 

A esta lea burocrática hai que engadir a postura das Mareas en Común, dispostas a institucionalizar o seu proceso de confluencia, bautizado Marea Viva, incluso como partido político propio, novo instrumento que logo podería ser empregado no diálogo con outras forzas.

En definitiva, a Asemblea do 15 de maio antóllase clave para lograr que a confluencia galega chegue cos deberes feitos as próximas eleccións e non suceda como nas pasadas, cando se presentou sen primarias e cun programa electoral que non viu a luz até unha vez comezada a campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

5 Atilano

Confluencia?....falade co Bascuas :)

4 Abraiado

Si, oh, si, é todo unha risa...Apertiñas, banderitas tricolores, españolía con coleta, palabrería barata...A nación galega chuleada por toda esta tropa. Todo isto acabará, é claro, acabará, todo este circo acabará máis cedo que tarde, pero o dano feito, a traizón cometida serán letais: afundirán aínda máis ese pouco do galeguismo de ben que poida quedar, ese pouco nacionalismo, serio e decente, que non se vende aos intereses alleos da ralé do comunismo mesetario.

3 Galegus

Yooooliiii.... Para cuando vas a dimitir por la penosa purga que hiciste a dos militantes que denunciaron a un pedófilo/pornógrafo infantil en la sede de tu IU Ferrol?. ¿Eso no es encubrimiento de un grave acto delictivo

2 Sesese

E veña a confluir o que inconfuible

1 Gamela

Curiosa a data escollida para dar resolta a liorta da LISTAS. Pensar que no 15M orixinal (2011) ninguén de todos estes apostaban polos INDIGNADOS (perro flautas seica era o apelativo máis cariñoso!). E hoxe cinco anos despois facer o que se dí facer non fixeron nada máis que tecer o fío de Ariadna desta nova "partitocracia das confluencias" (a política dos sillóns que, coma entón, non nos representan!). Hoxe a Nuit Debout segue masacrada no corazón da República Francesa e ningún destes colleu a avión a París para defender un verdadeiro cambio político nesta Europa dos Mercaderes! 15M SI e desta vez EN SERIO !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...