Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/04/2025 | Actualizada ás 19:38
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto da planta de clasificación de residuos téxtiles no complexo ambiental de Cerceda.
Faino de conformidade á Lei de Avaliación Ambiental pola que se fai público o informe de data 7 de abril de 2025 do citado proxecto, promovido pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) co visto e prace ao citado informe. E é que no mesmo se considera que esta instalación é, desde o punto de vista ambiental, viable e que tampouco terá un impacto significativo a contorna, de acordo co cumprimento dunha serie de condicións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.