Máis de 200 activistas piden unha confluencia entre Mareas En Común e o Partido Animalista

Cren que isto podería posibilitar a escolla do primeiro deputado ou senador dunha formación "animalista" na historia da democracia en España.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/05/2016 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A plataforma política Animalistas ao Concello - confluencia animalista, PACMA, ven de anunciar o lanzamento dun proceso de participación cidadá chamado 'Animalistas En Común' co que pretende reclamar unha candidatura con peso animalista camiño das Eleccións Xerais do 26 de Xuño.

Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma
Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma | Fonte: pacma.es

Un total de 218 persoas de todo o Estado español pertencentes a diferentes asociacións, e tamén independentes,  xa asinaron esta petición e lembran que as candidaturas de unidade popular como as Mareas galegas na Coruña, Santiago e Ferrol, entre outras, tamén tiveron en conta a necesidade de iniciar políticas de protección e benestar animal, e en casos como os da Marea Atlántica, isto incluíu a supresión dos subsidios que viñan recibindo as touradas dende 1991.

Para os asinantes desta proposta a oportunidade é histórica, e podería posibilitar incluso a escolla do primeiro deputado ou senador dunha formación "animalista" na historia da democracia en España.

Dende a plataforma Animalistas ao Concello - confluencia animalista sinalan que a marca 'Animalistas En Común' aposta pola suma das formacións que crearon En Marea, das mareas locais e do Partido Animalista para reforzar a presenza dos seis deputados e dos dous senadores que acadou esta coalición o pasado 20D. 

“A pelota está no tellado das formacións interpeladas”, apuntana nun comunicado, e agardan que poidan existir encontros de traballo co obxetivo final de constituir unha candidatura máis forte e que acade mellores resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 A tope

En común cos de IU que votan a favor das touradas en TVE e con Podemos que votan a favor da pasta pública para as touradas en Castela.

6 Secundino

Dos que andan cunha cachucha de porco non queren saber nada

5 Aclaracions

Resulta curioso. PACMA foi convidado a participar na Marea Viva que iníciase mañá en Bertamirans e declinaron por que "non teñen xente en Galicia" A noticia parece crear confusión.

4 Eumesmo

Animais hai moitos, coma os da foto.

3 busero español

Hostia, os do Pacma este xa poderían cederlle o autobús ao BNG, que collen todos dentro

1 Comunista

Os animalistas son máis, e non creo que a xente do Pacma queira ter relación cun partido amante das touradas españolas como é o BnG https://pacma.es/el-concejal-de-san...

2 Pero con vos si jaja

mira comunista de los peines mira http://www.elconfidencialdigital.co...

3 Comunista

Mira, troll a soldo do BnG, nin con animalistas ides poder falar cando vos superen: https://www.youtube.com/watch?v=f5M...