Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2025 | Actualizada ás 19:06
Axentes da Policía Local de Ribeira interviñeron a semana pasada nun accidente de circulación ocorrido no acceso ao Clube Náutico de Ribeira, polo que solicitaron a retirada do carné ao implicado. Segundo explican, tras identificar o condutor causante do sinistro e, unha vez examinado o seu historial de infraccións e sancións, así como outras circunstancias concurrentes no accidente, os axentes viron a necesidade de elevar ante a Xefatura Provincial de Tráfico a proposta de retirada da súa autorización administrativa para conducir, por perda das condicións esixibles para a súa obtención e mantemento. E é que o home xa fora detectado anteriormente nun control rutineiro da Policía Local mentres exercía de taxista pirata. Realizada dita proposta, será a DGT a que decida se finalmente se lle retira o permiso de condución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.