Temas: CERNA AGE GALEGO

Cerna pide un reparto xusto das axudas aos medios polo uso do galego

A deputada Mónica Fernández insta á Xunta a promover un Proxecto de Lei que regule a publicidade institucional.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/05/2016 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O reparto dos cartos públicos entre os medios volveu ao centro do debate político no Parlamento galego por medio da deputada Mónica Fernández, de CERNA —no grupo AGE—, quen solicitou á Cámara un Proxecto de Lei que regule a publicidade institucional e que se outorguen equitativamente as subvencións aos medios polo uso da lingua galega.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos.
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos.

Cerna lembra que "o Consello de Europa, por medio do Comité de Expertos europeos, acaba de darlle un tirón de orellas á política lingüística da Xunta, o que aparece recollido no relatorio na cuarta rolda de avaliación do cumprimento da Carta europea de linguas minoritarias ou rexionais".

Deste documento, Fernández salienta o artigo 11, onde se explica que "os territorios que subscriben a Carta están obrigados a asegurar a existencia de medios nas linguas propias, audiovisuais e impresos, fomentando e facilitando a súa creación, a formación das e dos profesionais". Porén, "isto non acontece dende a chegada de Feijoo ao goberno galego, onde as axudas públicas foron drasticamente reducidas, provocando o peche de xornais que empregaban o galego", denuncia Cerna, que lembra que no noso país tiveron que pechar xornais como Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, De Luns a Venres e A Nosa Terra. 

"As axudas foron na súa maioría aos grandes grupos de comunicación por utilizar, tan só, o 6% do galego en todo o medio"

Para a deputada, é "significativo quen recibe as subvencións" para o uso da lingua galega. "No 2015, os Orzamentos da Xunta destinaron aproximadamente 182.000 euros en apoio específico ao uso do galego nos medios de comunicación. Ditas axudas foron a parar na súa maioría aos grandes grupos de comunicación con centos de miles de euros por utilizar, tan só, o 6% do galego en todo o medio segundo denuncia da Asociación de Medios en Galego (AMEGA)".

O reparto destas cantidades emana dunha resolución de 15 de outubro do ano 2015 da Secretaría Xeral de Medios. A resolución resolve a convocatoria do 7 de marzo do mesmo ano, que establecía as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas en réxime de concorrencia non competitiva, nas que aparece a finalidade das mesmas, nin o criterio para a súa adxudicación nin concorrencia competitiva algunha.

Por todo isto, Mónica Fernández presentou unha Proposición non de lei para o seu debate no Pleno do Parlamento de Galicia, para instar á Xunta a promover un Proxecto de Lei que regule a publicidade institucional e para outorgar equitativamente as subvencións aos medios polo uso do galego.

Temas: CERNA AGE GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 costrus

Hablad lo que hay que hablar hombre, que subvencionar un idioma que nadie habla? Manda huevos.

1 Arqueologo LIngüistico

CERNA, que fermoso vocablo, a verdade é que é de agradecer a GC o uso de termos que non se poden ler noutro lugar, grazas, grazas.