O himno oficioso do Dépor e 'Varre vasoira' de Fillas de Casandra, gañadores do "Cantamos coas mans"

O CEIP Plurilingüe de Nadela, de Lugo, e o CEIP Ramón da Sagra, da Coruña, foron os gañadores deste premio de cancións en Linga de Signos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/05/2025 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura acolleu a entrega do premio do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos "Cantamos coas mans". Un acto ao que acodiron unha escolma dos diferentes centros de toda Galicia que participaron no concurso e no que recibiron os premios os dous centros gañadores.

Participantes no concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos 'Cantamos coas mans'
Participantes no concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos 'Cantamos coas mans' | Fonte: Inés A.F.

Así, os dous grandes premios foron o Premio do Xurado, o cal recaeu no CEIP Plurilingüe de Nadela, de Lugo, con "Varre vasoira" de Fillas de Cassandra; e o Premio do Público, que foi para o CEIP Ramón da Sagra, da Coruña, interpretando "1906. A forza de Hércules", obra de Jesús Suárez.

O xurado tamén concedeu Mencións de Honra a outros 4 centros educativos; o CRA de Culleredo, da Coruña, o IES Xesús Taboada Chivite de Verín, o CEIP de Ardán, en Marín e o  CEIP de Vilaverde-Mourente, tamén de Pontevedra. Todas as cancións seleccionadas foron en galego.

O acto contou coas actuacións de Ruth Lovera, A Voz das Mouras, Serxio Tannus cun "Arrolo" signado en prol da diversidade. Na entrega, logo de que os centros gañadores interpretaran a súas pezas tamén houbo sorpresas, coa interpretación de Pauliña e coa presenza e apoio de Jesús Suárez. Todas as cancións pódense visualizar aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta