A Festa do Choco de Redondela cociñou un Kraken para que ninguén quedara con fame

Como en toda festa galega que se precie, a comisión da XXX edición da Festa do Choco, preocupada porque a comida non chegara, decidiu incluír no menú da festa do choco un kraken para evitar que os asistentes puideran quedar con fame.

Por GcToday | Redondela | 22/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A organización tiña medo de que os 300 kilos de chocos se puideran quedar curtos para alimentar a todas as persoas que se achegaran a súa festa e, por iso, decidiu incluír no menú un kraken de 250 kilos a maiores.

“Nós non somos veganos, gústanos comer”, indicaron dende a organización. “Non podemos permitir que a comida non chegue e tampouco queremos esquilmar os nosos recursos mariños”, engadiron. Foi por iso que axudados pola facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo decidiron saír a pescar un kraken para poder alimentar ao continxente humano que se arremolinaba a carma de máis de 1.600 metros cuadrados.

A pesar das grandes previsións de comida, fontes da organización indicaron que estiveron a punto de quedarse curtos novamente despois de que un grupo organizado procedente do oriente ourensán dera conta da metade do Kraken dunha sentada. Segundo confirmaron fontes da comisión da festa e para evitar acaparamentos similares, na próxima edición contarán cunha ducia de krakens para satisfacer as demandas do persoal asistente.

Pola súa banda a cofradía de pescadores xa anunciou a creación do selo de calidade “Kraken de Redondela” para certificar que a captura do producto sexa en augas da comarca e que a calidade sexa galega 100%, coma o do leite pero de verdade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hermerico

Para que nadie había quedado con hambre. Viva e gallego del pueblo