Equo e Espazo formalizarán a súa fusión a próxima semana

As conversas en marcha chegaron a bo porto. A "Cooperativa Política Espazo-Equo" celebrará a súa asemblea constituínte o próximo 28 de maio en Santiago de Compostela. Deste xeito fusiónanse os dous partidos políticos máis activos no proceso de alianza das mareas municipalistas de cara as eleccións autonómicas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/05/2016 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Os actores describen o seu proceso de confluencia política como un "reagrupamento da esquerda verde e renovadora". Os seus voceiros presentarán ante os medios a Asemblea Constituínte mañá nunha rolda de prensa en Compostela. 

Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela
Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela

Na súa opinión, esta confluencía servirá para consolidar "un referente galego do ecoloxismo político, ecofeminista e ecopacifista, parte do reagrupamento da esquerda galega renovadora do século XXI desde o soberanismo cívico, a sustentabilidade ambiental, a xustiza social global, a cultura da paz, os dereitos civís e a radicalidade democrática".

Tal como anunciaron hai un mes no inicio deste proceso “as direccións de EQUO Galicia e ESPAZO están a traballar no relatorio político e no modelo organizativo que enmarquen esta confluencia da esquerda verde galega nunha Cooperativa Política Galega.”

A fusión destes dous actores prodúcese ao mesmo tempo que as mareas municipalistas avanzan no seu proceso de confluencia. Estes dous partidos son os únicos que polo de agora asinaron os principios básicos da iniciativa Mareas en Común. Moitos dos seus militantes participan neste proceso.

Acto político de Espazo
Acto político de Espazo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Eu mesmo

Parabéns, xuntos encherán un monovolume!!!

1 Anxo L. Pastoriza

Preferimos as bicis, para non contaminar... ;)

2 Eu mesmo

Daquela será un tanden!!!

1 Sariña de Oia

Unha opción verde máis forte para Galicia, benvidos!! :)