Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/05/2025 | Actualizada ás 09:38
Dúas persoas que contactaron co 112 Galicia tras perderse mentres percorrían unha ruta en Nogueira de Ramuín, pola zona do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, foron localizadas.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 22,00 horas do xoves contactaron co centro de emerxencias e explicaron que estaban perdidos nunha zona de monte. Observaban unha estrada, pero non podían acceder a ela. Ante iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou os axentes da Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.
Durante varias horas, o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) da Garda Civil traballou na zona do mosteiro de Santo Estevo e, finalmente, localizou ilesas ás persoas perdidas, ás que axudou a baixar ata a estrada mediante unhas cordas. O rescate deuse por finalizado a medianoite, e os implicados foron levados nun vehículo de Protección Civil ata o lugar no que se aloxaban.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.