Ferido grave un menor tras ser alcanzado por un turismo mentres ía en bicicleta en Tui

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2025 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

Un menor resultou ferido grave tras ser alcanzado por un turismo mentres circulaba en bicicleta en Tui. Como consecuencia do impacto tivo que ser evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Segundo informa o 112 Galicia, o suceso tivo lugar ao redor das 16.00 horas deste domingo na PO-404, á altura de Ciguñeiras. Unha vez alí, os equipos de emerxencias comprobaron que o ferido estaba en estado grave e prepararon a súa evacuación.

Tras ser alertados por particulares, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil.

Accidente de ciclistas. GARDA CIVIL
Accidente de ciclistas. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta