A CIG denuncia "discriminación" do galego nos procesos selectivos do Sergas

Asegura que se produce un "sinalamento" das persoas que solicitan o exame en galego

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2025 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

A CIG-Saúde denunciou "discriminación" do galego nos procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao asegurar que as versións en galego das ofertas públicas de emprego adoitan non corresponderse coas de castelán, presentan numersosos erros de tradución e inclúen castellanismos.

"Isto provoca que moitas preguntas ou respostas resulten incomprensibles para as persoas aspirantes que escollen o galego para realizar os exames", denuncia o sindicato nun comunicado. A central sindical avisa de que esta situación "non só vulnera os dereitos lingüísticos das persoas aspirantes, senón que incumpre o deber da Xunta de garantir e potenciar o uso do galego, especialmente nas institucións públicas".

"Coa súa actuación, o Sergas está a forzar ás persoas opositoras a renunciar ao galego e escoller a versión en castelán como única opción para garantir un exame con redacción e terminoloxía adecuadas", sinala o secretario nacional, Manuel G. Moreira.

Ademais, a CIG-Saúde denunciou que nas últimas probas de OPE a persoa que solicitaron facer a proba en galego foron sinaladas especificamente nas mesas, vulnerando a súa confidencialidade e marcándoas dentro do colectivo de persoas opositoras. "Consideramos este feito totalmente inaceptable e un novo ataque á normalización do noso idioma", di Moreira.

Recinto feiral de Silleda onde se realizan oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo
Recinto feiral de Silleda onde se realizan oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta