Por que están en Galicia 23 das 29 praias de calidade “pobre”?

O vindeiro sábado 4 de xuño, coincidindo nesa fin de semana ca conmemoración Alternativa Galega de Esquerda en Europa organiza a xornada “A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE”, que terá lugar en Ferrol. Nelas avaliarase o recente informe de Bruxelas que atopa serios problemas na calidade das augas do noso litoral.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 28/05/2016 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, explica que a xornada busca "poñer de relevo unha visión holística do medio mariño na que teñamos en conta non só a importancia da súa dimensión produtiva, senón tamén a correspondencia existente entre a propia calidade das augas e a nosa saúde, ou as claves do significado xeopolítico que cada vez máis están adquirindo os recursos hídricos a nivel global,  sen perder de vista ademais o compoñente identitario que o mar, as rías, os ríos e mesmo os océanos teñen para o pobo galego ".

Praia de Sabón en Arteixo, ao carón do polígono e do porto Exterio da Coruña
Praia de Sabón en Arteixo, ao carón do polígono e do porto Exterio da Coruña | Fonte: turismo.gal

A eurodeoputada de AGEe é suplente para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nordica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, xa que "dende o inicio asumimos que loita a prol do noso medio mariño tiña que ser unha das principais estratexias de traballo de Alternativa Galega de Esquerda en Europa".

O encontro o vindeiro sábado 4 en Ferrol servirá para abordar oInforme anual sobre as aguas de baño realizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) e a Comisión Europea e publicado esta mesma semana. A través deste estudo, que revela que das 29 praias con calidade  "pobre" que hai no Estado 23 atópanse na Galiza. "A propia UE corrobora a preocupación expresada en múltiples ocasións polas organizacións sociais, pesqueiras e ecoloxistas en relación á calidade das nosas augas", salienta Lídia Senra.

O  xefe da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Guillermo Díaz Agras, o presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA), José Luís Rodríguez, o coordenador do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol e membro da Asociación Cultural Fuco Buxán, Manuel Rodríguez Carballeira; o presidente da Asociación polo Saneamento da Ría de Pontevedra, Andrés Ruano, o presidente da Plataforma en Defensa do Mar da Comarca Muros-Noia (Plademar), Estebo Ameneiro, o voceiro de Pesca por AGE no Paralmento Galego, Juan Manuel Fajardo e o Doutor en Xeoloxía e Impulsor do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, Francisco Canosa Martínez serán algún dos relatores galegos do encontro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta