Zonas de Galicia rozaron os 40º este luns

Leiro rexistra a máxima de Galicia, con 38,2 graos, á espera dun martes con alerta amarela por treboadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2025 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

O municipio ourensán Leiro rexistrou a temperatura máxima na comunidade galega este luns: 38,2 graos. Segundo a información de Meteogalicia, séguenlle os concellos de Ourense, con 37,6 graos, e Salceda de Caselas (Pontevedra), 36,7 graos.

Mentres, a Axencia Estatal de Meteoroloxía activou a alerta amarela por risco de treboadas para este martes, 10 de xuño, na costa de Pontevedra e A Coruña a partir das 21,00 horas.

ALERTAS

Un total de 27 provincias españolas estarán este martes en aviso por calor, ondas, choivas e treboadas nun día no que a peor parte levaranlla zonas de Aragón, Cataluña e País Vasco, que chegarán a nivel laranxa por calor e treboadas, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Un neno bota auga pola cabeza para refrescarse durante unha onda de calor
Un neno bota auga pola cabeza para refrescarse durante unha onda de calor | Fonte: Joaquin Corchero - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta