Boicoz, unha campaña contra La Voz

Nas redes sociais circula xa un manifesto que anima aos usuarios a non mercar nin difundir por internet o xornal La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

None

A sua linha editorial não tem mais valor do que uma cotização bolsista, variando em função dos interesses do governo ou da mão que melhor a alimente. Nos inícios da maré preta do Prestige somou-se à cidadania para a denúncia da ineptidão da Junta do PP. Porém, não tardou em loar o Plan Galicia e a estratégia do poder quando isso se traduziu em suculentos ingressos via publicidade institucional (da Junta do PP), como lamentou no seu dia o que era na altura um dos responsáveis pola edição digital.

Uma edição digital que se beneficiou muito para medrar em visitas (e, pois, em ingressos publicitários) mercê às ligações em inúmeros blogues… e redes sociais, sobretudo Chuza! (que já vai polo seu terceiro ano triunfal).

Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas.

Pois bem, eu, na medida do possível, procurarei em adiante não ligar nada de La Voz, nem tampouco dar-lhe publicidade através de redes sociais. No referente ao caso concreto de Chuza!, tampouco vou enviar informações de lavoz.es, e mesmo votarei negativo quanta notícia se enviar desse web a partir deste mesmo instante. A imagem desta simbólica campanha chega do blogue ANGUEIRA DE SUSO. Máis aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

44 liscando

evidentemente que o pp, polo momento, ainda non merece volver a gobernar na xunta.

agora ben, o bloque nestres tres anos e medio xa fixo méritos dabondo para que os votantes lle obriguemos a liscar do goberno para evitar que sigan facendo falcatruadas caciquís e politicas neoliberais asociados aos banqueiros.

liscando que é xerundio ...

43 anónimo

O certo é que co BNG se fixeron moitas cousas, co PP só teriamos os falsos de sempre caciqueando de verdade.

Se os galegos son un pouco listos, non lle voltan a dar a maioría absoluta ó PP en decadas.

42 xacinto da moura

menos mal que os do bloque non tedes a maioría absoluta, senón mimadriña ... quén vos aturaria?

ao mellor ata vos atreviades a facerlle aos discrepantes o que lle fixeron os de DM2000000 ao do mazo ...

qué? teriamonos que exiliar todos os que non pensamos coma vos?

vaisevos o feixismo pola voca meus!!! ¡¡¡democratizádevos e civilizádevos dunha p_uta vez!!!

41 anónimo

Pero home, si o que é capaz de facer o PP xa o sabemos todos, o malo é o que son capaces de facer outros (a quen votéi). E se empezamos a boicotear á prensa por tomar partido, non se merca un xornal nin de coña. Ou por qué carallo temos que poñer publicidade institucional noutros medios? Subvencións, a ningún.

40 anónimo

Todolos xornais estan subvencionados, pero cando a Coz recibe 10 millóns de euros por contratos audiovisuais da parte scialista da Xunta, así entendemos todo.

Vieiros= 1000 euros de subvención. (Propina)

La Coz= 10 millóns de euros.