O BNG convoca unha protesta este mércores en Ferrol pola chegada da princesa Leonor: 'Nin pai, nin filla. Galicia non ten rei'

A formación nacionalista advirte de que "este feito non pode pasar sen resposta".

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 07/07/2025 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego convocou unha concentración de protesta para este mércores en rexeitamento á chegada da princesa de Asturias, Leonor de Borbón, á cidade de Ferrol. Cómpre lembrar que ese día está previsto o amarre no porto ferrolán do buque-escola 'Juan Sebastián Elcano', a bordo do cal a herdeira ao trono realiza o cruceiro de instrución co grupo de guardiamarinas. Non entanto, o barco chegará á ría este martes, onde permanecerá fondeado.

En concreto, o BNG considera que "este feito non pode pasar sen resposta", polo que fixo un chamamento á súa militancia e simpatizantes para secundar unha concentración que ten por obxectivo reivindicar "con firmeza, tanto a República Galega como que Galicia non ten rei". Baixo o lema 'Nin pai, nin filla. Galicia non ten rei. República Galega', a concentración celebrarase ás 20.00 horas na dársena de Curuxeiras.

A Princesa de Asturias, Leonor de Borbón, embarca no buque escola Juan Sebastián Elcano
A Princesa de Asturias, Leonor de Borbón, embarca no buque escola Juan Sebastián Elcano | Fonte: Francisco J. Olmo - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta