A Xunta di que converte a Autovía da Costa da Morte nun vial de dous carrís pola media diaria de veículos

Será no tramo entre Santa Irena, en Vimianzo e a estrada AC-432.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2025 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, explicou que a ampliación da autovía da Costa da Morte, a AG-55, no tramo entre Santa Irena, en Vimianzo, e a estrada AC-432, cun viario de dobre sentido e non unha vía de alta capacidade débese ao seu "índice medio de vehículos diarios". Respecto diso, sinalou que deixan "previsto un posible desdobramento" da mesma.

"Imos paso a paso, terminando e executando o que tiñamos comprometido", dixo a preguntas dos xornalistas sobre este asunto e cuestionada pola petición do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, así como de alcaldes e portavoces socialistas desta comarca de ampliar a autovía da Costa da Morte -- na actualidade entre A Coruña e Vimianzo -- ata Cee.

Martínez Allegue incidiu en que o proxecto actual conta cun investimento de 36 millóns de euros, unha capacidade orzamentaria "moi importante" conseguida coa "liberación das peaxes en sombra". O primeiro tramo desta actuación, concretou, supón a prolongación do viario de dobre sentido, nunha lonxitude de 5,5 quilómetros, ata a intersección coa AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visita o barrio de Xuxán pola execución de novas vivendas
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visita o barrio de Xuxán pola execución de novas vivendas | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta