Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2016 | Actualizada ás 09:00
“Hoy me han llegado por correo las papeletas para votar desde el extranjero y con estupor descubro que se 'han olvidado' de meter una de las papeletas... y a qué no sabéis cuál es la que falta?
Del PP tengo dos...
#quecasualidades #metodosrastreros
#alguientienemiedodelvotoextranjero”
Deste xeito denunciaba a través da rede social de FB unha emigrante de Pontevedra a falta da pepeleta de En Marea- Unidos-Podemos para exercer o seu dereito o voto nas vindeiras eleccións xerais. O seu comentario non pasou desapercibido porque outros emigrantes desta provincia tamén certificaron o mesmo erro.
Esta situación era denunciada, posteriormente, por Marea Granate, un colectivo de emigrantes no exterior, tamén a través das redes sociais, que lle pedía ao Goberno español que enmendara esta situación:
Ola Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España e Ministerio do Interior: emigrantes procedentes de Pontevedra non reciben as papeletas completas. Xa nos chegaron varios casos.
Non hai tempo para segundos envios a tempo xa; que fan estas persoas para poder votar?
?#?VotosRobados?
Marea Granate é un movemento transnacional formado por emigrantes do estado español que loitan, desde fóra, “contra as causas que provocaron a crise económica e social que nos obrigaron a emigrar ou non nos permiten volver ao noso país”. Pouco despois, a Xunta Electoral recoñecía o erro.
“La junta electoral acaba de confirmar que se trata de un error de imprenta, así que mi caso no es una excepción, es la norma... la junta electoral de Pontevedra no envía al extranjero la papeleta de Marea/Podemos/EU. Con un par”, escribía a mesma emigrante que se queixara deste erro pouco despois no seu perfil de FB.
O número total de residentes ausentes (censo CERA) ascendeu a 1.926.490 a 1 de marzo de 2016, dos cales unicamente o 8,05% rogaron o voto. Por iso, o Colectivo Marea Granate cre que, tras a experiencia en anteriores comicios, nos que os atrasos na entrega das papeletas foi unha constante, a participación do voto emigrante nas próximas xerais estará por baixo deste de seu modesta porcentaxe.
“Estas cifras explícanse coas dificultades de rexistro no Consulado, que esixe desprazarse ao mesmo (o que nos casos máis graves implica percorrer distancias de miles de quilómetros), horarios restrinxidos de atención ao público que a miúdo coinciden coas horas de traballo de moitos emigrados, ao peche do censo máis de tres meses antes da cita electoral (o que deixa fóra a moitas máis persoas) e, por último, á falta de información que existe sobre o procedemento para rogar o voto e os prazos”, critica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.