AGE e BNG ven no Brexit unha reacción de protesta contra o modelo europeo

Lidia Senra interpreta que o resultado do referendo amosa "a pouca credibilidade dunha UE que se construíu en contra dos pobos", mentres que Ana Pontón cre que é "unha crítica ás políticas neoliberais" comunitarias.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/06/2016 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

AGE e BNG, as dúas principais forzas nacionalistas de Galicia, reaccionaron aos resultados do referendo no Reino Unido —que decidiu abandonar a Unión Europea (UE)— con críticas ao modelo socioeconómico comunitario. Segundo Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGE), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), "a decisión do Reino Unido amosa a pouca credibilidade dunha UE construída contra os pobos”, mentres que para Ana Pontón, líder do Bloque, a decisión dos británicos "é unha crítica ás políticas neoliberais" que se aplican na UE.

Os británicos votaron en referendo saír da UE, nunha votación histórica.
Os británicos votaron en referendo saír da UE, nunha votación histórica.

Senra valorou este venres os resultados do referendo celebrado no Reino Unido, no que un 51,9% da poboación votou a favor de abandonar a UE e un 48,1% decantouse pola permanencia do Reino Unido como Estado membro na UE. Senra considera que “o feito de que no referendo gañara a posición do Brexit amosan "a pouca credibilidade dunha UE que se construíu en contra dos pobos, a favor das multinacionais, e cuxas decisións responden única e exclusivamente á ditadura dos mercados e duns líderes á fronte da Comisión Europea (CE) e do Consello que non son capaces de resolver ningunha das graves crises (migratoria, social, ambiental, climática) que asolan hoxe a realidade deste espazo de (Des)Integración Europea".

Aínda que Senra recoñeceu que a "dereita populista e xenófoba" está "pescando" neste "malestar", "non é menos certo que nesta votación tamén se reflicte o malestar das clases populares e dunha parte importante da esquerda que loita contra a crise e as políticas de austeridade impostas polo poder económico que está por detrás das decisións da Unión Europea que conlevan a perda de dereitos sociais, económicos e de libertades e mesmo de democracia e soberanía dos pobos".

Por outro lado, a representante de AGEe no Parlamento Europeo afimrou que “chama a atención neste referendo a posición de Escocia ou de Irlanda no Norte a favor da permanencia, que con toda certeza tamén pode ser interpretado como unha forma de expresión e loita pola súa soberanía nacional fronte ao estado-nación hexemonizado por Inglaterra”. 

Lídia Senra destactou tamén "a valentía por parte do Reino Unido de convocar un referendo para que o pobo poidese expresarse sobre un asunto de tanta importancia", en contraste co medo do Goberno do Estado español, que se manifesta, por exemplo, na negativa ao referendo en Cataluña”.

Boris Johnson, ex-alcalde conservador de Londres e un dos políticos máis activos a prol do Brexit
Boris Johnson, ex-alcalde conservador de Londres e un dos políticos máis activos a prol do Brexit | Fonte: Youtube.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladou o "respecto" da formación frentista pola decisión adoptada no Reino Unido en relación á saída da UE e identificouna como "unha crítica ás políticas neoliberais".

"Os cidadáns decidiron democraticamente a través dun referendo. O primeiro que temos que facer é respectar a súa decisión. Tamén cremos que é unha crítica ás políticas neoliberais que se caracterizaron por romper durante estes anos", aseverou.

En terceiro lugar, a xeito de reflexión, apuntou que o BNG "sempre foi moi crítico" co proxecto da UE. "Posicionámonos en contra e, con este novo acontecemento, demóstrase o fracaso. É o momento de abrir un debate de fondo sobre esta UE a nivel de dereitos sociais", defendeu, convencida de que hai que aproveitar para "dar un debate de futuro que deixa atrás as políticas de recortes que caracterizaron a política da UE".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Paspalhás

"El líder de Podemos ha recordado en una entrevista en Antena 3 que Unidos Podemos es el único partido que ha llevado la campaña a Reino Unido, donde apostó públicamente por la permanencia de Reino Unido en la UE. El secretario internacional de Podemos, Pablo Bustinduy, participó en actos del Partido Laborista en Manchester en contra del Brexit." http://www.eldiario.es/politica/Pab...

1 teutonio

Ese mesmo modelo que RU leva décadas e implementar no seu estado, tanto por laboristas como por tories e a apoiar na UE?, o que é non ter nin idea.