Senra chama a abrir xa un debate sobre a compatibilidade da UE coa democracia

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, valorou este venres os resultados do referendo celebrado no Reino Unido, no que un 51,9% da poboación votou a favor de abandonar a Unión Europea (UE), apostando polo Brexit, e un 48,1% decantouse pola permanencia do Reino Unido como Estado membro na UE.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 25/06/2016 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Senra considera que “cómpre non eludir máis os debates arredor da cuestión da Unión Europea e o euro e a súa compatibilidade coa democracia e a soberanía popular". A política aposta por abrir este debate "no futuro inmediato" e criticou a súa ausencia na campaañ das eleccións xerais.

A eurodeputada galega Lidia Senra
A eurodeputada galega Lidia Senra

Na súa opinión, os resultados amosan a pouca credibilidade dunha UE que "se construíu en contra dos pobos, a favor das multinacionais, e cuxas decisións responden única e exclusivamente á ditadura dos mercados e duns líderes á fronte da Comisión Europea (CE) e do Consello que non son capaces de resolver ningunha das graves crises",.

Senra cre que esta votación tamén  reflicte o malestar das clases populares e dunha parte importante da esquerda que loita contra a crise e as políticas de austeridade. Cita, por exemplo, o trato dado a Grecia como un dos motivos dese malestar.

Tamén lle chama a atención a posición de Escocia ou de Irlanda no Norte a favor da permanencia, que pode ser interpretado como "unha forma de expresión e loita pola súa soberanía nacional fronte ao estado-nación hexemonizado por Inglaterra”. “Sen dúbida, o escenario que se abre co resultado deste referemdo dará pé a unha reconfiguración do espazo que hoxe constitue a Unión Europea" prevé a ex-sindicalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Verme

A estas alturas non decatarse de que a pertenza á CE é sinónimo de renuncia da soberanía nacional é lectura ben pobre que reflicte que nivel de esquerda e de nova política domesticada a que padecemos XD Mudalo todo para cambiar absolutamente nada, estabamos mellor en escenarios anteriores que con este panorama... Aínda por riba renunciando ao idioma e tantas outras liñas vermellas. Tamén lle chama a atención a posición de Escocia ou de Irlanda no Norte a favor da permanencia, que pode ser interpretado como "unha forma de expresión e loita pola súa soberanía nacional fronte ao estado-nación hexemonizado por Inglaterra"

5 Balbino

A ruina de Galicia non foi a U.E senon o estado español que sempre empregou os intereses de Galicia como moeda de cambio para conseguir cuotas para outros sectores do estado.

4 Eu mesmo

Esta vai para ministram seica "os resultados amosan a pouca credibilidade dunha UE que se construíu en contra dos pobos, a favor das multinacionais, e cuxas decisións responden única e exclusivamente á ditadura dos mercados...". O radicalismo nacionalista inglés non tivo nada que ver. Que pregunte aos eurodiputados escoceses antes de soltar burradas!.

3 expaña ruina do pobo galego

ATOPARONLLE OS MEXOS CHEOS DE GLIFOSFATOS, e lea din que veu poloa aire que veu polo vento...que cara ten a apocimas dos -Vieiristas esta e a xente da pior catadura, esta e xente de chiripas de grecia que impuxeron a sangue e lume os recortes mais funestos o pobo grego, vemos como podreiros da que e militonta fixo baguas de cancodrilo polo do brexit e nin siquera nada de pensar nun GZ-EXIT, non fien do -vieirismo... non fien da rata podreira... e confien nos analises de ouriña dos laboratorios son gran chivato... LIDIA SIRIZAS ESTA CHEA DE GLIFOSFATOS!!!!

2 xacobe

Y lo dice todo en un perfecto "español"