Dous militares feridos en Trasmiras tras chocar un vehículo da UME cun camión de gando

O accidente, ocorrido na A-52, deixou un dos ocupantes evacuado en helicóptero ao CHUO e obrigou a cortar o tráfico no punto do sinistro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/08/2025 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Dous militares resultaron feridos este martes no municipio ourensán de Trasmiras tras chocar o vehículo militar no que viaxaban cun camión de gando. Os feridos son especialistas e pertencen ao grupo de Artillaría de León, desprazados desde este luns coa UME.

Segundo informou o 112, o accidente tivo lugar ao redor das 11.20 horas, no quilómetro 183 da A-52. Tras a colisión, o vehículo militar caeu por un terraplén. A autovía está cortada nese tramo. Con estes datos, os xestores do 112 mobilizaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo de Limia e á Garda Civil de Tráfico.

Os medios desprazados confirmaron que non había atrapados. Con todo, un deles foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Ourense. Está estabilizado e ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Así o confirmou o delegado de Defensa en Ourense, o Coronel Penas, nun acto esta mañá no Centro de Coordinación Provincial de loita contra incendios de Ourense, que visitou xunto ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O outro ferido foi trasladado en ambulancia.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Agostime - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta