Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2025 | Actualizada ás 20:50
A Consellería do Mar criticou que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "non convocase aínda" a Conferecia Sectorial de Pesca para abordar a proposta de Marco Financeiro plurianual da Comisión. Neste sentido, a Xunta traballa en articular unha "resposta de consenso" da defensa dos intereses da cadea mar-industria galega fronte a proposta da MFP 2028-2034.
Desta forma, este mércores celebraron a primeira reunión do grupo de traballo constituído no Consello Galego de Pesca celebrado o pasado mes de agosto. O encontro estivo presidido pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, que criticou que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "non convocase" unha Conferencia Sectorial de Pesca para abordar unha cuestión de "vital importancia para o sector".
Segundo informou a Xunta nun comunicado, así o solicitaron seis comunidades autónomas --Galicia, Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Cantabria e Illas Baleares--, que son beneficiarias de máis da metade dos fondos destinados a España, o pasado mes de xullo "sen obter resposta algunha" por parte do Goberno central.
Para a Xunta este "deixamento" contrasta coa actuación do Executivo autonómico que "desde o minuto un" traballou da man do sector, cun contacto "constante e fluído" para desenvolver unha estratexia conxunta e sumar apoios co obxectivo de "corrixir a proposta inicial" no proceso de negociación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.