Pontón pide a Rueda que acepte a quita de débeda: "É grave que Rueda non decida pensando en Galicia, senón obedecendo ao PP"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que deixe de "traizoar" aos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2025 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que acepte a quita "da débeda" proposta polo Goberno central e deixe de "traizoar" aos galegos. Así o fixo este xoves en declaracións aos medios no municipio ourensán de Petín, onde tachou de "incualificable" que Rueda "siga negándose" a aceptar unha condonación de "4.000 millóns de euros" de débeda pública.

De aceptala, sinalou Pontón, significaría ter "máis recursos" para "atender necesidades sociais", "de recuperación de lumes", "vivenda", "sanidade", "educación" ou para "facer fronte" ao "despoboamento no rural". "Non podemos permitir que, mentres outras comunidades teñen unha redución da súa débeda, Galicia perda 4.000 millóns de euros porque o señor Rueda, no canto de actuar como presidente de Galicia, actúe como delegado de Feijóo en Galicia", recalca. A líder nacionalista criticou ao máximo mandatario galego por "traizoar" a Galicia e pediulle unha "rectificación". "É grave que Rueda non tome esta decisión pensando en Galicia, senón obedecendo ás ordes que lle manda o PP", engadiu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta