Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2025 | Actualizada ás 12:22
A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, instou á "retirada inmediata" do equipo israelí de La Vuelta e lembrou que a Xunta "é patrocinadora" do evento, á vez que advertiu de que o Executivo galego "non pode branquear a un Estado xenocida", nin contribuír a "proxectar unha imaxe de normalidade" cando se cometen "atrocidades contra o pobo palestino".
Nun comunicado, Rodil indicou que, se o equipo israelí mantén a súa presenza, a Xunta "debe renunciar" a participar mediante as súas consellerías nos actos institucionais relacionados ás dúas etapas que transcorrerán por Galicia. "Non se pode manter unha actitude impasible polo silencio fai cómplices", afirmou Rodil, que fixo referencia á necesidade de que Galicia se some ás mobilizacións que se desenvolven noutros territorios.
"Foro asasinadas máis de 60.000 persoas, estamos a ver crimes de guerra televisados, a fame utilizada como arma de guerra e unha violencia extrema contra miles de civís", lembrou Rodil. Por todo iso, apelou á "conciencia democrática" e animou aos galegos a mobilizarse e "facer visible" que a Comunidade "está á beira" do pobo palestino.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.