Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/09/2025 | Actualizada ás 11:38
A titular da praza 1 do Xulgado de Instancia de Verín, tras a petición da Fiscalía, decretou a posta en liberdade do home de 46 anos que en agosto foi detido e enviado a prisión provisional por supostamente provocar o gran incendio forestal de Oímbra mentres realizaba labores de limpeza e roza. Segundo confirman fontes xudiciais, este home sairá do cárcere --onde ingresou o 17 de agosto-- por entender a xuíza que o risco de reiteración do delito e de destrución de probas "perdeu intensidade", polo que "xa non está xustificada a medida".
Con todo, continuará investigado por un delito de incendio por imprudencia grave, lesións graves e danos, e deberá comparecer de forma periódica no xulgado mentres continúe a instrución da causa. O incendio de Oímbra --que tamén afectou os municipios de Xinzo de Limia, Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar-- foi o segundo máis grande da historia de Galicia ao afectar a unha superficie de 23.736,65 hectáreas, segundo as últimas estimacións dispoñibles o día da súa extinción, o 31 de agosto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.