Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 05/10/2025 | Actualizada ás 12:25
Para dar a entender que só se cobiza ou desexa aquilo que previamente se viu –ou, nalgúns casos, aquilo que dalgún xeito se coñece inda que non se vise fisicamente–, en castelán pódese botar man da paremia lo que ve el ojo desea el corazón.
Vexamos algunha forma de dicir o mesmo en galego:
Lo que ve el ojo desea el corazón
Los ojos lo curiosean y el corazón lo desea
{= Paremias con que se manifesta que só se cobiza aquilo que antes se viu –ou, nalgúns casos, aquilo que dalgún xeito se coñece inda que non se vise–.}
Do mirar nace o cobizar
Ex.: Si te fijas bien, en El silencio de los corderos lo que Aníbal Lecter le viene a dicir a Clarice para que esta pueda encontrar al asesino es que lo que ve el ojo desea el corazón, y eso fue lo que hizo que ella se centrase en la primera de las víctimas.
Se te fixas ben, n’O silencio dos cordeiros o que Aníbal Lecter lle di a Clarice para que esta poida dar co asasino é que do mirar nace o cobizar, e iso foi o que fixo que ela se centrase na primeira das vítimas.
● Tamén, só en contextos, gardando relación, e nunha liña moi semellante:
De lo que veo no siento deseo && [E MESMO]: Por los ojos entran los antojos
O que un coñece non o apetece && [E MESMO] Polos ollos entran os antollos
NOTA:
As paremias galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Soto Arias, María do Rosario: Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 3, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.