Arde un iate amarrado a porto en Vilaboa

Ningunha persoa resultou afectada, pero o lume corría perigo de propagarse a outros barcos próximos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/10/2025 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Un iate amarrado ao peirao de embarcacións de recreo situado no lugar Santadrán, en Cobres, municipio de Vilaboa, sufriu un incendio na mañá deste mércores. Minutos despois das 11 horas, un particular informou ao 112 Galicia de que ardía un iate duns cinco metros de eslora no porto. Ningunha persoa resultou afectada, pero o lume corría perigo de propagarse a outros barcos próximos.

Foron alertados de forma preventiva 061, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Pontevedra e Ribadumia, GES de Mos, Garda Civil e Policía Local de Vilaboa, así como á Autoridade Portuaria de Vigo. Tanto unha embarcación de Gardacostas de Galicia como os bombeiros continúan sobre as 13.00 horas coas tarefas de extinción do lume, informa o 112. Ao mesmo tempo, Salvamento Marítimo mobilizou á súa embarcación Salvamar Mirach.

Embarcación de Salvamento Marítimo
Embarcación de Salvamento Marítimo | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta