O exvicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade en Ourense

A medalla outórgaselle en recoñecemento da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2025 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O exvicepresidente da Xunta Anxo Quintana, quen liderou o BNG e cogobernó Galicia como segundo de Emilio Pérez Touriño (PSdeG) entre 2005 e 2009, recibiu este mércores na Subdelegación do Goberno en Ourense a Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade, 20 anos despois da aprobación da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

Esta é unha medalla outorgada polo Ministerio de Igualdade para recoñecer a aquelas persoas que contribuíron na aprobación desta lei e que "se distinguiron de forma relevante no exercicio e promoción dos valores de igualdade" e na "eliminación de toda clase de discriminación".

Nesta liña, Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense e encargado de presidir o acto de entrega, felicitou a Quintana polo seu "rigor e sensibilidade" e celebrou que "grazas ás persoas que contribuíron nesta lei", España "converteuse nun referente na loita contra a violencia machista" ao "pór no centro a dignidade, a liberdade e a seguridade das mulleres".

Así mesmo, Quintana recalcou que esta medalla está destinada "ás mulleres que iniciaron no seu día unha loita indispensable" para "converter esta sociedade nunha visible e normal" que é "a sociedade da igualdade".

"A lei foi un pequeno paso importante pero hai que dar moitos máis, na loita pola igualdade o traballo nunca acaba, é un labor de todos e é imprenscindible para ter unha sociedade xusta", engadiu.

Pola súa banda, tamén Santos incidiu en que "hai que seguir loitando" contra o "machismo recalcitrante" que é "a causa da desigualdade e da violencia contra a muller".

"A sociedade democrática e os seus servidores públicos somos interpelados para chegar a unha sociedade con valores e dereitos iguais para homes e mulleres", engadiu.

O expresidente da Xunta e exsenador Anxo Quintana recibe a Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade na Subdelegación do Goberno en Ourense. EUROPAPRESS
O expresidente da Xunta e exsenador Anxo Quintana recibe a Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade na Subdelegación do Goberno en Ourense. EUROPAPRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Semella que o PSOE non ten a ninguén presentable en Ourense ! Está ben darlle a Quintana unha medalla, pero non se comprende exactamente que foi o que fixo para merecela. Deben ter claro que só dándolle a medalla a Quintana poden saír nos xornais e existir no mundo...? Noraboa por nada...