Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2025 | Actualizada ás 17:31
O Parlamento de Galicia destacou que converter a atención á dor nunha prioridade política "non é un gasto", senón "un investimento en dignidade e benestar para toda a sociedade galega". Así o trasladou o presidente do Lexislativo galego, Miguel Santalices, quen deu lectura a unha declaración institucional da Cámara con motivo do Día Mundial da Dor.
"Galicia é, con orgullo, unha terra pioneira no recoñecemento e na atención específica da dor. Un esforzo que debemos celebrar, pero que non podemos dar por terminado", sinala o texto, que sostén que "hoxe, a dor require dunha visión máis ampla: unha estratexia transversal que impregne as políticas de educación, emprego e acción comunitaria".
"Porque a dor non é só un síntoma, é unha experiencia que marca a vida dunha de cada tres persoas en Galicia. E hai quen a vive con maior vulnerabilidade: persoas neurodivergentes, con trastornos psiquiátricos, con deterioración cognitiva ou discapacidade intelectual ou comunicativa, nenos e maiores", apunta.
Segundo sinala a declaración, para eles, a peregrinaxe polos servizos é fronte e a solución, "no entanto, é clara: tecer redes". "Ese é o eixo. Unha liña efectiva entre profesionais sanitarios, educativos, sociais e, por suposto, as asociacións de pacientes. Esta coordinación salva vidas e mellora a calidade de vida, pero require de algo fundamental: financiamento".
AP-9
Por outra banda, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, volveu a reprochar o "ninguneo" e o "boicot" do Goberno central a Galicia coa transferencia da AP-9, despois de que se prorrogase de novo o prazo de presentación de emendas á proposición de lei orgánica sobre este asunto.
Tras unha pregunta do deputado popular Roberto Rodríguez sobre a valoración que fai o Executivo autonómico do ditame da Comisión Europea no que se advirte da ilegalidade da prórroga da concesión da autoestrada, a conselleira afirmou que "non é tolerable" o exercicio de "opacidade" de Pedro Sánchez con Galicia."Nin tivemos coñecemento da emisión dese ditame da Comisión Europea, nin tivemos coñecemento da resposta que se deu á Comisión Europea", reiterou Allegue.
RECURSOS INCONSTITUCIONALIDADE
Doutra banda, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, dixo non entender o "boicot" que ao seu xuízo mantén o Goberno de Pedro Sánchez contra a Xunta ao presentar recursos de inconstitucionalidade contra a normativa galega que regula o plan de axilización da dependencia e da discapacidade e a repotenciación dos parques eólicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.