Alberto Vázquez estrea en cines a súa nova película de animación 'Decorado'

Tras varios galardóns internacionais, Vázquez presenta unha longa cargada de sarcasmo e innovación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2025 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O ilustrador e director coruñés Alberto Vázquez (1980), gañador de catro Premios Goya, estrea este venres en cines a súa nova longametraxe de animación, 'Decorado'. A película é a adaptación do seu curtometraxe homónimo que xa lle valeu o Goya en 2017, e mantén a estética inconfundible do autor, combinando ironía, sarcasmo e reflexión existencial.

Póster do filme 'Decorado', de Alberto Vázquez. ABANO PRODUCIONS, GLOW, UNIKO
Póster do filme 'Decorado', de Alberto Vázquez. ABANO PRODUCIONS, GLOW, UNIKO | Fonte: Europa Press


Ao longo da súa carreira, Vázquez recibiu numerosos recoñecementos, incluíndo o Goya á Mellor Curtametraxe de Animación en 2012 por 'Birdboy', en 2017 por 'Decorado', Mellor Película de Animación por 'Psiconautas' e en 2022 por 'Unicorn Wars'.


A obra do coruñés transcendeu España, obtendo máis de 100 premios internacionais en festivais como Annecy, Chicago, Foyle, Expotoon ou Meliés de prata, consolidando a súa posición como unha das voces máis destacadas da animación contemporánea europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta