A USC creará catro prazas de promoción de catedráticos, cifra que o colectivo cre "ridícula"

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a creación de catro prazas de promoción interna para o corpo de catedráticos da institución académica.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2016 | Actualizada ás 19:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a creación de catro prazas de promoción interna para o corpo de catedráticos da institución académica.

A proposta supón unha dotación inicial de 163.856 euros, a razón de 40.964 euros por praza. A fórmula de OPE de promoción interna tras a modificación da Lei orgánica de Universidades abre a posibilidade de que esta non consuma taxa de reposición.

A USC indicou que este proceso implica "un importante esforzo económico", dado que as novas prazas "teñen que dotarse necesariamente pola totalidade do importe anual". Por iso, este escenario "condiciona enormemente" a política de promoción da institución, que require dispoñer dos recursos suficientes, tendo en conta, ademais, que ao praza "pode ocupala definitivamente profesorado" doutra universidade.

Dende o colectivo de acreditados a cátedra, non obstante, recibiron a noticia con "decepción" ante unha cifra que cualifican de "ridícula" e que converte á USC "nunha anomalía no panorama das universidades estatais" respecto ao recoñecemento do esforzo do seu persoal docente e investigador.

Neste sentido, recordan a "relevancia" que ten para a institución contar cun profesorado "competitivo" que alcanzou "recoñecemento do máximo nivel académico".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA