Nota.- Os educadores critican a Feijóo por chamar a "insumisión" en materia lingüística

A coordinadora galega de ENDL considera "inadmisible" o incumplimento da lexislación educativa por parte de Alberto Núñez Feijóo e asegura que o novo presidente está chamando á "insumisión" para non cumprir o decreto do ensino do galego...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/04/2009 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Neste momento está en vigor o Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo e que procura que o alumnado reciba un 50% de clases en lingua galega, para así poder garantir que sexa competente nas dúas linguas da comunidade, algo que só se pode conseguir se o alumnado aprende galego pero tamén "en galego".

Coas medidas postas en práctica no Decreto, non se atentou contra ningún "dereito civil", polo tanto o noso colectivo non entende porque se fala de "repoñer os dereitos civís nas aulas". A Coordinadora non dá creto a esta chamada á "insumisión" baixo o discurso da liberdade que deixa na elección do alumnado e do profesorado a lingua das clases, cando está lexislado mediante un Decreto que se estaba comezando a aplicar e que aínda non foran avaliado.

Os integrantes da Coordinadora Galega de ENDL tamén mostran a súa sorpresa polo momento e a forma en que sae esta noticia. Tras un discurso de investidura no que se repetiu ata a saciedade a palabra consenso, promove esta medida sen contar coas persoas e entidades que están implicadas directamente no proceso educativo e/ou con todos aqueles que participaron na redacción do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento. Dá así a impresión de que os "votos prestados" dos que falaba neste días o Conselleiro de  Educación, o sr. don Jesús Vázquez, pesan máis ca calquera intención real de consenso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

32 gaseosa

escribo en castellano de valladolid por si algun gallego arrepentido no me entiende. No os preocupeis fachitas, superasteis la homofobia al aceptar matrimonios gays entre vuestras filas , ¿por que os resistis tanto a vuestro propio idioma? , es algo mucho mas sencillo. Claro que parto de la idea de que vosotros , o vuestros padres y madres , o vuestros abuelos y abuelas sois gallegos, si no es así , ¿porque no gastais vuestros esfuerzos en aprender mejor el Inglés que tiene mucho mas futuro y seguro que lo hablais fatal?, os lo agradecerá el partido, seguro, ademis no estarías insultando la memoria de vuestros antepasados. Y si no sois gallegos , por la Santa Fe, a mi tampoco me gusta el cocido madrileño y no hago campaña para su eliminación del mundo culinario.
A dormir un poco que son dos dias. ¡Boas Noites! =¡Buenas Noches!

31 Moderado

O pior goberno da Xunta da Historia é o de Feijoo, con bastante diferencia.

Eleccións anticipadas xa!

30 sensato

Os do PP son uns insensatos. Fixeron unha campaña de lixo e abriron conflitos que agora son de difícil solución. O seu posicionamento no tema lingüístico é sinxelamente delirante porque vai levar ás aulas unha polémica absurda que debilitará aínda máis o galego e provocará, con artimañas baseadas na falacia da liberdade lingüística, a imposición do español.
O do Feijóo e os seus é unha irresponsabilidade porque terá efectos negativos irreversibles sobre o noso patrimonio cultural colectivo. Hai que facer algo para paralos!

29 ddd

Esos son los complejitos de los del PP. ¡¡Mira que citar a Ferrín!! Un filoterrorista y un nazito.

28 dsfdsffdsfdsfdfd

Esos son los complejitos de los del PP. ¡¡Mira que citar a Ferrín!! Un filoterrorista y un nazito.