Nota.- Os educadores critican a Feijóo por chamar a "insumisión" en materia lingüística

A coordinadora galega de ENDL considera "inadmisible" o incumplimento da lexislación educativa por parte de Alberto Núñez Feijóo e asegura que o novo presidente está chamando á "insumisión" para non cumprir o decreto do ensino do galego...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/04/2009 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Neste momento está en vigor o Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo e que procura que o alumnado reciba un 50% de clases en lingua galega, para así poder garantir que sexa competente nas dúas linguas da comunidade, algo que só se pode conseguir se o alumnado aprende galego pero tamén "en galego".

Coas medidas postas en práctica no Decreto, non se atentou contra ningún "dereito civil", polo tanto o noso colectivo non entende porque se fala de "repoñer os dereitos civís nas aulas". A Coordinadora non dá creto a esta chamada á "insumisión" baixo o discurso da liberdade que deixa na elección do alumnado e do profesorado a lingua das clases, cando está lexislado mediante un Decreto que se estaba comezando a aplicar e que aínda non foran avaliado.

Os integrantes da Coordinadora Galega de ENDL tamén mostran a súa sorpresa polo momento e a forma en que sae esta noticia. Tras un discurso de investidura no que se repetiu ata a saciedade a palabra consenso, promove esta medida sen contar coas persoas e entidades que están implicadas directamente no proceso educativo e/ou con todos aqueles que participaron na redacción do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento. Dá así a impresión de que os "votos prestados" dos que falaba neste días o Conselleiro de  Educación, o sr. don Jesús Vázquez, pesan máis ca calquera intención real de consenso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

27 galleguiño

Im-presionantes as entrevistas que lle fixeron ó novo conselleiro de educación, polo visto o encargado de desfacer o entuerto "del gallego" no que se meteron os peperos, mentres non atopen a ninguén para política linguística, posto por agora vacante tras dous meses de goberno. Pero este PP tan galleguista estará cheo de xente que desexe ocupar o cargo.

Pois o novo conselleiro dixo perlas coma que tódalas noites, sen faltar unha le a Xose Luis Mendez Ferrín na intimidade, por aquelo de .. para que veas si no te soy galleguista.
Tamén dixo que era mentira que os nenos galegofalantes eran os verdadeiros bilingues porque, seica, coñecía os fillos dunha amiga castelánfalante que tambien entendían el gallego a la perfección.. e con isto representaba todo o pais...

Ante a pregunta de como ían ser bilingues os nenos se non se lles impartía/ensinaba ou facilitaba o coñecemento das dúas línguas na escola dixo que bueno, tiña que ser dun xeito amable (hai 5 anos diría harmónico)e que por exemplo na vez de ler "La Casa de Bernarda Alba" en castellano,se le podría recomendar a los niños su lectura en gallego...
Á marxe de que os galegos bilingues xa temos a versión castelá para ler a Lorca que é a orixinal e que non temos versión galega desta obra, as respostas deste señor son incribles por inxenuas, desnortadas, cheas de prexuizos da prensa madrileña que é a súa fonte de información. E en todo caso está lonxe de considerar na práctica algo tan sinxelo coma que o galego ten que ter os mesmos dereitos que o castelán en Galicia, e que é unha lingua de especial protección e promoción no pais. A parte da entrevista na que dí que Reixa lle dou galego e que se divertiu moito é incrible, é para o único que serve o galego?

Máis non estou sorprendido por suposto, simplemente non pensei que os raposos eran máis listos canto os poñían a gardar das galiñas.

26 anonimus

que tal se vive na oposición?.ide acostumbrando porque con feijóo temos pp pra 12 anos.grazas psoe por facelo tan tan mal.grazas

25 anónimo

E para rematar, deixade uns e outros ao galego en paz, que ese non é un problema (vós, bloqueiros e parte dos pepeiros facedes del un problema). Si se adicaran a arranxar os problemas reais do ensino e da sociedade, millor nos iría a todos

24 anónimo

Machiño, ou sexa que os que non somos do Pepé xa temos que ser nacionalistas e funcionarios, a ver si vas ser tí tan parvo coma os bloqueiros que van por ahí chamándolle facha a todo o que non vai con eles... si ao final sodes ben parecidos

23 a joderse tocan

Teniendo en cuenta que el PSOE en pocos menos de 2 años va a perder todo su poder nacional, autonómico y municipal, en el caso de Galicia vais a comer PP por lo menos 12 años. Hay tiempo suficiente para ir retirando las subvenciones de las que viven los nacionalistas (porque trabajar se les desconoce oficio) y reducir su presencia social a la que se corresponde sociológicamente, es decir, a la que corresponde con susresultados electorales: cuando uno va por la calle, de cada 10 gallegos, poco más de uno es nazionalista. O de otro modo: cuando voy por la calle, de cada 10 gallegos más de 8 son normales, ciudadanos normales que, hablen galego o castellano, no se creen los dueños del país.