Feijóo lembra os acordos do PP co BNG para defender pactos no Congreso

Di estar seguro de que en agosto Mariano Rajoy será o vindeiro presidente do Goberno español porque se hai unhas terceiras eleccións será o “final das biografías políticas de algúns”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/07/2016 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lembrou hoxe os acordos aos que chegou o Partido Popular co BNG na Cámara galega nos últimos anos para defender a importancia dos pactos entre as distintas forzas no Congreso sen ter en conta a ideoloxía ou as cores políticas.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Conchi Paz.

Unha reflexión do xefe do Executivo galego que chega logo de que aumentaran as críticas contra os populares polo suposto apoio dos nacionalistas vascos e cataláns na elección da nova presidenta do Congreso, Ana Pastor. Un apoio que pode poñer en perigo a investidura do propio Mariano Rajoy tras as advertencias feitas por Ciudadanos.

Neste sentido, Feijóo lembrou que o PP chegou a acordos co BNG, -- “e non co PSOE”, recalcou --, na Cámara galega en defensa dos intereses de Galicia. Algo que, dixo, é normal. Así lembrou que populares e nacionalistas votaron xuntos para que a futura entidade bancaria que xurdiu das caixas galegas tivera a súa sede en Galicia. “Ou tamén cando apoiamos ter un catálogo de medicamentos xenéricos o que supuxo un aforro de 200 millóns”, suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Por iso, o presidente galego amouse convencido de que en agosto Mariano Rajoy será o futuro presidente de España porque, lembrou, houbo dúas eleccións e, nas dúas, resultou o gañador. “E os resultados destes comicios foron moi claros”, indicou.  Deste xeito, alertou de que se hai unhas terceiras eleccións “será o final das biografías políticas” daqueles que as impulsen, en clara alusión ao líder do PSOE, Pedro Sánchez, ou de Ciudadanos, Albert Rivera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

6 SERU

Entre o retraso de Galicia Confidencial e os dos que comentan... miña madriña!

1 Comunista

Non coma o Sermóns Mexuto, todo un exemplo de imparcialidade e rigor xornalístico.

5 Balbino Fernández

O que interesa é irse colocando. O dedo divino xa escolleu "democraticamente" no BNG, igual que con Franco: Paco de Ferrol decide é a masa aplaude. E optou de novo polos perdedores: http://www.sermosgaliza.gal/articul... Tranquilos, malo será, se non os colocamos de deputados presentámolos as municipais, ou na comunidade de vecinhos... Igual que os alcaldes-virreis da Marea, o dedo xa decidiu que un xuiz progre tén o pedigree para figurar, e as asembleas quédalles aplaudir. O consenso das cúpulas e dos aparatos por riba da xente. Democratas adiantados e colocadores de colegas, Feixoó e o Partido Podre poden estar tranquilos coa alternativa de falsarios que se presenta.

4 Dalle que libras

O PP e o BNG facendo a pinza como no Concello de Ferrol

3 Ulrike M

Todo o mundo o sabe. O Bloque é a mellor baza do PP de Feijoo para seguir no poder. Nada novo.

2 Comunista

O pouco que queda do BnG sempre é moi obediente con Bwana. Admíteo o propio Frijol: a traizón da canalla bloqueira foi decisiva para que Galiza quedara se as súas caixas de aforros. É o que pasa cando se deben cartos e favores.

1 A culpa é do BNG

Non foi o BNG quén tendo a oportunidade de desfacerse do pior político de Europa, deixouno vivo porque interesaron mais os intereses partidistas, que os da sociedade. Desfacerse dun bó feixe de corruptos incompetentes neo franquistas, co Rajoy de sobres, "deixar que as cousas vaian por si soas, mentras saqueo o fondo das pensións, pelotazos e represión", a cabeza. Sen necesidade de comprometerse a mais, Mais interesoulle mais a koletas e cia. especular a ser lider da oposición, xogando ao monopoli e mercando IUs e Beiristas, facendo os contos da leiteira. mais os votantes comunistas de IU non tragaron. Non todo Deus se vende.

2 comunista independentista

Feixón loves B.N.G.