Feijóo lembra os acordos do PP co BNG para defender pactos no Congreso

Di estar seguro de que en agosto Mariano Rajoy será o vindeiro presidente do Goberno español porque se hai unhas terceiras eleccións será o “final das biografías políticas de algúns”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/07/2016 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lembrou hoxe os acordos aos que chegou o Partido Popular co BNG na Cámara galega nos últimos anos para defender a importancia dos pactos entre as distintas forzas no Congreso sen ter en conta a ideoloxía ou as cores políticas.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Conchi Paz.

Unha reflexión do xefe do Executivo galego que chega logo de que aumentaran as críticas contra os populares polo suposto apoio dos nacionalistas vascos e cataláns na elección da nova presidenta do Congreso, Ana Pastor. Un apoio que pode poñer en perigo a investidura do propio Mariano Rajoy tras as advertencias feitas por Ciudadanos.

Neste sentido, Feijóo lembrou que o PP chegou a acordos co BNG, -- “e non co PSOE”, recalcou --, na Cámara galega en defensa dos intereses de Galicia. Algo que, dixo, é normal. Así lembrou que populares e nacionalistas votaron xuntos para que a futura entidade bancaria que xurdiu das caixas galegas tivera a súa sede en Galicia. “Ou tamén cando apoiamos ter un catálogo de medicamentos xenéricos o que supuxo un aforro de 200 millóns”, suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Por iso, o presidente galego amouse convencido de que en agosto Mariano Rajoy será o futuro presidente de España porque, lembrou, houbo dúas eleccións e, nas dúas, resultou o gañador. “E os resultados destes comicios foron moi claros”, indicou.  Deste xeito, alertou de que se hai unhas terceiras eleccións “será o final das biografías políticas” daqueles que as impulsen, en clara alusión ao líder do PSOE, Pedro Sánchez, ou de Ciudadanos, Albert Rivera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

1 exvotante do AGE

en 6 meses os de merdeya fixeron moito polo obreiro e por Galiza... imos ver pagas integras, segun podreiros a parlamentarios e finiquitos de 8.267 euros... algun que non tiña euros, xa se fixo rico... foron autenticamente enreadodres os podreiros, o seu grupo "subgrupo instrumental" de podreiros e marabilloso e expañol o cento por cento!... E MELLOR VOTAR O BNG!!!! O OUTRO INVENTO E UNHA PAIASADA E NON FUNCIONA!!!-