Nace Vía Centrum, un novo partido de centro

Di que xurde para “recuperar a voz viva da cidadanía” e para defender a súa participación na vida política e social.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/08/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Vía Centrum. Ese é o nome dun novo partido que se presentou este mércores en Santiago de Compostela para ofrecer “as garantías democráticas dunha efectiva participación cidadá e social na toma de decisións deste país”. Esta proposta política xurde en Galicia, despois de que outras opcións similares o fixeran xa en Euskadi e Cataluña.

O presidente de Vía Centrum Partido Demócrata, José Luís Méndez
O presidente de Vía Centrum Partido Demócrata, José Luís Méndez

“Centrum nace para e da clase media deste país porque somos os que máis sufrimos a crise económica nos últimos anos e os que máis achegamos para saír dela”, dixo o seu presidente, José Luís Méndez Otero. “Somos nós os que máis capacitados estamos para reclamar programas e accións que non só nos leven a recuperar a nosa calidade de vida de hai 10 anos, senón tamén a alcanzar as cotas de progreso que deixamos de crecer”, engadiu.

O presidente de Centrum referiuse a outro elemento identificativo deste proxecto como é “a súa vontade democrática expresada no máximo respecto da liberdade de expresión e de participación de todos os cidadáns”. “Se algo nos ensinou estas dúas últimas citas electorais é que a sociedade sabe explicarse e faino alto e claro, pero a clase política actual ou non sabe entendela ou prefire enrocarse en posicións partidistas en lugar de dialogar, acordar e en definitiva, gobernar desde unha base máis plural”, apuntou.

Por iso, comprometeuse en nome de todo o equipo de Centrum a canalizar a opinión e participación cidadá nas institucións e organismos democráticos de Galicia. “E mesmo iremos máis aló, queremos que o noso modelo de democracia interna se exporte a aquelas institucións nas que participemos”, engadiu.

Pola súa banda, a portavoz de Vía Centrum, Carolina Barrero, foi a encargada de presentar  oficialmente o novo partido político, unha opción que parte da necesidade de que “xente da rúa dignifique a política actual e recondúzaa cara ao que verdadeiramente lle preocupa”. Durante a súa intervención tivo palabras de agradecemento para os promotores do proxecto José Luís Méndez, presidente de Centrum; Casilda Rolán, secretaria xeral de Centrum; Rafael Millán; Pedro Larrauri; Javier López; Antonio Rodríguez e Manuel Rodríguez.

A portavoz de Vía Centrum, Carolina Barrero
A portavoz de Vía Centrum, Carolina Barrero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 Gamela

Aquí teñen unha tarefa URXENTE : https://youtu.be/xJFwE5_8YAM