O BNG mete no mesmo saco a PP, PSOE e mareas

O Bloque presenta a foto de familia das súas listas cun ataque a Feijóo, Leiceaga e Villares “que sorprendentemente defenden o mesmo marco porque os tres din que a Constitución e o Estatuto son o traxe que necesitan os galegos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2016 | Actualizada ás 22:44

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, evitou "facer de comentarista das leas" doutras formacións políticas porque considera que isto "beneficia a Feijóo" e porque impide que se escoiten as alternativas ás políticas do Partido Popular.

Presentación das candidatas do BNG
Presentación das candidatas do BNG

Con todo, Pontón proclamou en Santiago que o BNG é a "única forza política que aposta por dar un paso adiante para cambiar o actual marco para avanzar no autogoberno de Galiza e ter capacidade real de dar solucións aos problemas do país". Enfronte, os tres rivais candidatos, -Feijóo, Leiceaga e Villares-, empeñados en manter “o mesmo traxe estreito para Galiza”.

Ao BNG non lle vale a Constitución nin o Estatuto

“Estamos ante unha encrucillada no que os galegos e as galegas temos que apostar por dar un paso adiante, non é o momento dos parches, nin a Xunta é unha xestoría onde se cambian as caras duns xestores por outras. Desde o BNG apostamos por un cambio político e por abrir unha nova etapa para Galiza”, salientou Pontón.

Por contra, -recalcou-, os candidatos Feijóo, Leiceaga e Villares “que sorprendentemente defenden o mesmo marco porque os tres din que a Constitución e o Estatuto son o traxe que necesitan os galegos e as galegas, mentres que no BNG pensamos que é un traxe que nos vai estreito e que precisamos dar un paso real no noso autogoberno, incrementar a capacidade para poder facerlle fronte aos problemas do país e blindar un novo marco que garanta os dereitos sociais”, explicou Pontón.

Así o expresou este sábado antes de reunirse cos membros das candidaturas do Bloque antes das eleccións do 25 de setembro para "preparar o esprint final antes da campaña". Ademais, recordou que "o único que lle preocupa" é a situación que deixa a política do PP, a cal incrementou "case un 30 por cento" a pobreza e deixou "a máis de 70.000 persoas vivindo con menos de 600 euros ao mes".

Así mesmo, resaltou que "a especialidade do BNG é Galicia" e que é a única forza que defende "a súa capacidade, autogoberno e que quere que dun paso cara a adiante". Para iso, apostou por "mirar cara a Galicia" e non "para Madrid", tal e como o fixeron os nacionalistas "historicamente". Esa forma de actuar, sinala, "atópase no BNG".

Entre os obxectivos principais antes do encontro coas urnas, a candidata sinalou a necesidade de demostrar "a todas esas persoas desgañadas coa política" que o BNG pode dar "solución aos problemas da xente". "Que vexan que hai solución despois do que pasou a nivel estatal, onde o PP e Cidadáns impoñen un programa de dereitas sen ha haxa ningunha outra alternativa", lamentou.

Propostas

Por outro lado, Pontón apuntou a que a política autonómica está nun momento "que non necesita parches", senón "un proxecto de país". Neste sentido, indicou que o BNG é unha organización "con historia" e con "capacidade para xestionar e para impulsar os cambios que se necesitan".

Ao fío diso, indicou que Galicia "non é unha xestoría na que se pode cambiar uns xestores" por outros". "Necesítase abrir unha nova etapa política e temos tres candidatos que están a defender o mesmo marco", reivindicou. Segundo Pontón, a Constitución e o Estatuto "é un traxe que lle queda axustado a Galicia", e o necesario é "dar un paso" para poder dar solución aos problemas da comunidade.

Pontón asegurou que é imposible que haxa un política "seria e real" para acabar cos recortes no marco da actual Constitución, xa que defende que non pode haber diñeiro para a educación e a sanidade "se os impostos dos galegos emigran". A este respecto, argumentou que Galicia entrega 3.000 millóns de euros máis de impostos dos que logo o estado español inverte na comunidade.

"Moitas persoas comparten connosco o inconformismo que temos na sociedade, na que hai que acabar con medias tintas e (co feito de) que non teña a valentía de tirar para diante, para coidar da xente que quere un futuro mellor que poña a Galicia a producir,", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

8 wbn6

normal!! os tres som partidos espanhois!!! é-che o que há?? se proe rasca !!!

7 Independentista liberal-social

Entre a soberbia de Podemos, o caciquismo das mareas, a rixidez da UPG máis o feito de que o BNG ten unha candidata menos preparada académica e laboralmente que outros cargos e ex-cargos do BNG (Beiras, Camilo Nogueira, Vence...), VOTAREI a CxG.

1 Independentista liberal-social

A iso hai que engadir que os alcaldes das mareas están máis preocupados pola "unidade popular" que por xestionar as súas cidades. E respecto ó BNG, durante o Bipartito falaba de "reforma estatutaria", pero ata 2012 nunca falou de "proceso constituinte" nin de "independencia". Que fraca é a memoria! Co que máis simpatizo, sen dúbida, polo seu asamblearismo, sensatez, galeguismo, rexeneracionismo e por non defender propostas neocomunistas é CxG.

6 Balbino Fernández

Xa o dixo outro comentarista, pero paga a pena insistir: autogoberno é a novidade de Ana Pontón? Autoidentificación, autonomía... Nin autodeterminación se atreve a berrar! Independencia é tabú! Para liberar aos demais hai que ser libre un primeiro. E Ana Pontón é refén do sistema que a mantén! Isto acontece por situar de líderes a persoas sen oficio nin beneficio fóra da política profesional. Dóciles servos do sistema que chuchan do público e din o que lles deixan ou mandan. E por riba presumen de revoltosas! Como a gasosa, con moito gas!

5 nostrus

Non fai falta dicir que o RNG é un partido democratico sin vocacion porque sinon non tentaria sacar os pes fora da Constitucion que fixemos entre todos e si queremos trocala tamen o faremos entre todos. O que pasa e que o BNF é un partido feble. cobarde, porque sinon atreveríase a dar un golpe de timón e farianos vivir como nun cuartel, igual como fixo o franquismo. Na España que temos caben eles, pero na Galicia que soñan "solo" caberian eles.

4 Desiderio

"Autogoberno", iso da o dicía o vello Fraga, así que Ana Pontón é incapaz de dicir INDEPENDENCIA!!! Non quere, non sabe, ou non lle deixan os que a colocaron? Ten medo a perder a mamadurria vitalicia do aparato do que ven gozando desde adolescente? Villares é sistema, certo. E Ana Pontón garantía de continuidade dos de siempre. Eu non quero escoller entre submisos!!!