O BNG mete no mesmo saco a PP, PSOE e mareas

O Bloque presenta a foto de familia das súas listas cun ataque a Feijóo, Leiceaga e Villares “que sorprendentemente defenden o mesmo marco porque os tres din que a Constitución e o Estatuto son o traxe que necesitan os galegos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2016 | Actualizada ás 22:44

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, evitou "facer de comentarista das leas" doutras formacións políticas porque considera que isto "beneficia a Feijóo" e porque impide que se escoiten as alternativas ás políticas do Partido Popular.

Presentación das candidatas do BNG
Presentación das candidatas do BNG

Con todo, Pontón proclamou en Santiago que o BNG é a "única forza política que aposta por dar un paso adiante para cambiar o actual marco para avanzar no autogoberno de Galiza e ter capacidade real de dar solucións aos problemas do país". Enfronte, os tres rivais candidatos, -Feijóo, Leiceaga e Villares-, empeñados en manter “o mesmo traxe estreito para Galiza”.

Ao BNG non lle vale a Constitución nin o Estatuto

“Estamos ante unha encrucillada no que os galegos e as galegas temos que apostar por dar un paso adiante, non é o momento dos parches, nin a Xunta é unha xestoría onde se cambian as caras duns xestores por outras. Desde o BNG apostamos por un cambio político e por abrir unha nova etapa para Galiza”, salientou Pontón.

Por contra, -recalcou-, os candidatos Feijóo, Leiceaga e Villares “que sorprendentemente defenden o mesmo marco porque os tres din que a Constitución e o Estatuto son o traxe que necesitan os galegos e as galegas, mentres que no BNG pensamos que é un traxe que nos vai estreito e que precisamos dar un paso real no noso autogoberno, incrementar a capacidade para poder facerlle fronte aos problemas do país e blindar un novo marco que garanta os dereitos sociais”, explicou Pontón.

Así o expresou este sábado antes de reunirse cos membros das candidaturas do Bloque antes das eleccións do 25 de setembro para "preparar o esprint final antes da campaña". Ademais, recordou que "o único que lle preocupa" é a situación que deixa a política do PP, a cal incrementou "case un 30 por cento" a pobreza e deixou "a máis de 70.000 persoas vivindo con menos de 600 euros ao mes".

Así mesmo, resaltou que "a especialidade do BNG é Galicia" e que é a única forza que defende "a súa capacidade, autogoberno e que quere que dun paso cara a adiante". Para iso, apostou por "mirar cara a Galicia" e non "para Madrid", tal e como o fixeron os nacionalistas "historicamente". Esa forma de actuar, sinala, "atópase no BNG".

Entre os obxectivos principais antes do encontro coas urnas, a candidata sinalou a necesidade de demostrar "a todas esas persoas desgañadas coa política" que o BNG pode dar "solución aos problemas da xente". "Que vexan que hai solución despois do que pasou a nivel estatal, onde o PP e Cidadáns impoñen un programa de dereitas sen ha haxa ningunha outra alternativa", lamentou.

Propostas

Por outro lado, Pontón apuntou a que a política autonómica está nun momento "que non necesita parches", senón "un proxecto de país". Neste sentido, indicou que o BNG é unha organización "con historia" e con "capacidade para xestionar e para impulsar os cambios que se necesitan".

Ao fío diso, indicou que Galicia "non é unha xestoría na que se pode cambiar uns xestores" por outros". "Necesítase abrir unha nova etapa política e temos tres candidatos que están a defender o mesmo marco", reivindicou. Segundo Pontón, a Constitución e o Estatuto "é un traxe que lle queda axustado a Galicia", e o necesario é "dar un paso" para poder dar solución aos problemas da comunidade.

Pontón asegurou que é imposible que haxa un política "seria e real" para acabar cos recortes no marco da actual Constitución, xa que defende que non pode haber diñeiro para a educación e a sanidade "se os impostos dos galegos emigran". A este respecto, argumentou que Galicia entrega 3.000 millóns de euros máis de impostos dos que logo o estado español inverte na comunidade.

"Moitas persoas comparten connosco o inconformismo que temos na sociedade, na que hai que acabar con medias tintas e (co feito de) que non teña a valentía de tirar para diante, para coidar da xente que quere un futuro mellor que poña a Galicia a producir,", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

3 A culpa é da UPG

Que lle mandou a Villares dicir que dentro da Constitucion do 78, todo, e fora da Constitución do 78, nada, e que o Estatuto xa está chachi e a culpa é de non xestionalo ben.

2 Antolín o dos cubatas

Que é o BNG?

1 Gamela

Agora non vale a Constitución nin o Estatuto pero durante os 11 anos nos que Paco Rodríguez cobraba coma Deputado no Congreso en Madrid, daquela sí valían ou tampouco? Antes de botar por fóra Ana Pontón debera explicarnos cómo chegou a ser CANDIDATA á Xunta de Galicia // http://www.galiciaconfidencial.com/...