SON Estrella Galicia iniciará setembro un nova axenda de concertos

Anni B Sweet, Corizonas ou Alex Cooper son algunhas das propostas da programación

A CORUÑA | 23/08/2016 | Actualizada ás 11:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O ciclo SON Estrella Galicia incluirá, na súa axenda de concertos tras o verán, novos espectáculos, segundo informa a organización. Entre os concertos programados, están os de Anni B Sweet, Corizonas ou Alex Cooper.

A eles, súmanse nomes como Delorean, Ryley Walker, Emilio José e Os Indíxenas. Ademais, American Autumn SON Estrella Galicia desvelou parte do seu cartel, ao que se sumaron Quilt e Heather Woods Broderick.

No caso de Anni B Sweet, presentará en Ourense o seu traballo 'Chasing Illusions' nun concerto que terá lugar o 1 de setembro e para o que as entradas están xa esgotadas.

OUTROS CONCERTOS

Mentres, o 16 de setembro Alex Cooper celebrará os seus 30 anos de carreira musical coa publicación do disco, 'Popcorner: 30 Anos vivindo na Era Pop'.

Por outra banda, o 25 de setembro 'The Jayhawks' volverán a España, cun concerto en Santiago de Compostela, presentando o seu novo álbum 'Paging Mr. Proust', Emilio José e Os Indíxenas e King Khan & The Shrines serán outras das propostas que poderán verse en outubro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta