Asinan un manifesto de apoio ao BNG pola súa "aposta estratéxica pola soberanía"

Preto de 170 persoas respaldan este texto que recolle que o BNG conta cun "programa claro e concreto que analiza os problemas do país" e que ofrece "solucións posibles e axeitadas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Preto de 200 persoas, entre as que se inclúen destacadas personalidades da cultura galega, asinaron un manifesto de apoio ao BNG baseándose en, entre outras cuestións, a súa "aposta estratéxica pola soberanía como un horizonte posible e necesario".

Ana Pontón, líder do BNG
Ana Pontón, líder do BNG | Fonte: EP

Neste texto, baixo o título 'Avante Galiza!', os asinantes admiten que as súas "visións críticas" coa organización frentista "permanecen", pero recalcan que "é moito máis" o que lles "une" ao Bloque.

Así, destacan que a candidatura que lidera Ana Pontón conta cun "programa claro e concreto que analiza os problemas do país" e que ofrece "solucións posibles e axeitadas", así como o compromiso dos nacionalistas de que a súa representación non contribuirá a manter o PPdeG á fronte da Xunta.

De igual modo, poñen en valor a "idoneidade" dos membros das listas do BNG, pois en "momentos difíciles" tanto para as siglas coma para o nacionalismo, tiveron a "valentía" de dar un "paso adiante".

Entre os asinantes do manifesto 'Avante Galiza!' atópanse o escritor e cantante Xurxo Souto, a escritora Anxos Sumai, o pintor Leandro Lamas, os xornalistas e escritores Margarita Ledo e Miguel Anxo Murado, o ilustrador Pepe Carreiro e o actor e director Quico Cadaval.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

7 Caamaño

Era para Vila

6 Caamaño

Tíñao no correo, e non abrín tal por estar de vacacións. Cando o vin onte era tarde.Non hai mais nada. Resposto por educación ainda que o teu ton deixa que desexar.

5 Bóveda

O problema non é o manifesto. O problema é a práctica do cainismo, o sectarismo da UPG desde sempre. Se lle engadimos os personalismo dalguns dirixentes que tivo o nacionalismo e se esta salada a regamos cun vinagre concentrado de primeiro a nación, despois a nación, logo a nación, nos atopamos coa realidade actual. Galiza non ten esquerda de ningún tipo, Galiza ten cainismo minoritario e nacional-catolicismo maioritario. Cada pobo ten o que quere.

1 Obsessed Detector

Obsessed detected

4 Caamaño.

Pois a min góstame tanto o manifesto, como a xente que o asinou. Se pudera asinaría tamén. E sobre algún comentario, dicir que hai moito tolo de seitarismo e carraxe . Mágoa non dedicarllo a Feijó, por vez de compañeiros e compañeiras que van ser moi necesarios. E se non ao tempo...

1 Caamaño

E non hai só persoas da cultura, hai moitos nacionalistas históricos e xente comprometida nas luitas do País. Preferentes, desafiuzamentos, antiguos presos independentistas, activistas sociais e sindicais. Sei que hai xente que non coñece a Lois Ríos, Elvira Souto, Chao Dobrarro, Suso Irago, Carmen Viso, Eva Loira, Inácio M. Orero, Xam López, María Eladia Quintáns, Antonia Cordeiro, äfrica Leira...Mais hai outra que si os coñecemos e valoramos.

2 Vila

Caamaño, e por que non puideches asinar o manifesto? Non te chamaron? Era pechado, precociñado e circular? Pechado, precociñado, circular...??? Oh, wait !!

3 galeg@

Adiante xa, coa UPG!!!

1 Obsessed Detector

Obsessed detected.