En Marea quere “devolver á cidadanía” os medios públicos cunha reforma da CRTVG

Aposta por unha "profunda" reformulación do consello de administración do ente público e a creación dun consello de informativos. Tamén quere fomentar o uso do galego nos medios de comunicación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

En Marea conta no seu programa electoral cunha "profunda reforma" da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) para "devolver os medios públicos" á cidadanía. Así o anunciou hoxe o seu candidato á Presidencia da Xunta, Luís Villares, quen avanzou que proporán unha reformulación do ente público galego, a través dunha "profunda reforma" do Consello de Administración da CRTVG que, na súa opinión, foi convertido "polos partidos tradicionais nun balneario para vacas sagradas"

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Europa Press.

Así, Villares pola racionalización de salarios dos membros do consello, o fomento da "transparencia no seu funcionamento" e a incorporación a este de traballadores da propia CRTVG, de "profesionais de relevancia no sector" e "representantes da sociedade civil". Ademais, puxo sobre a mesa a creación dun "estatuto profesional dos traballadores", así como a "dun consello de informativos" que "impida calquera indicio de manipulación informativa e asegure a participación dos traballadores na política editorial".

"Comunicar e recibir información veraz é un dereito fundamental. Para iso están os medios públicos en Galicia, non para que Feijóo devolva favores aos seus amigos e para aforrar diñeiro ao PP pagando unha e outra vez con diñeiro público a súa propia campaña electoral", arguíu Villares.

"DÉBEDA DOBRE"

Para o candidato de En Marea, estas iniciativas pretenden saldar unha "débeda dobre", primeiro "coa cidadanía no seu conxunto", para que os galegos se sintan "representados na súa diversidade" nos medios de comunicación públicos e, segundo, cos "traballadores do sector" para "garantir os seus dereitos".

Así mesmo, tamén avanzou que a súa formación tratará de "impulsar a reforma da Lei de Medios Audiovisuais de Galicia" para facela "máis democrática", así como garantir o seu cumprimento no "que se refire aos medios de comunicación comunitarios", como as emisoras municipais.

DEBATES E USO DO GALEGO

Por outro lado, Villares anunciou que, de converterse en Presidente da Xunta tras as eleccións do 25 de setembro, someterase "periodicamente ás preguntas de xornalistas escollidos polo consello de informativos" da CRTVG. "Feijóo será o último inquilino escapista de Monte Pío", apostilou.

Villares criticou, ademais, o modelo de "debate a cinco" proposto pola CRTVG que se celebrará —a falta de confirmación oficial— o próximo 12 de setembro, xa que acusa a Feijóo de "non concretar" as regras do debate nin "garantir a igualdade de condicións para as distintas forzas políticas".

"Para nós os debates non dependerán dos intereses particulares dun goberno, se non que serán obrigatorios no seu formato e as súas regras de xogo a criterios obxectivos, democráticos e transparentes", apuntou.

Ademais, sinalou a necesidade de "desenvolver plans transversais" dende a Xunta para o fomento do uso do galego nos medios, xa que é unha lingua "claramente discriminada no ámbito mediático".

Así, avanzou o reforzo da "normalización lingüística en todos os concursos públicos relacionados coa comunicación" e o impulso do galego "incentivando o tecido informativo local, xa sexa a través da existente rede de emisoras municipais" ou "favorecendo a creación de servizos de comunicación comunitarios".

EDUCACIÓN

"Os medios son unha ferramenta de escrutinio público fundamental que perden o seu sentido se a cidadanía carece das competencias necesarias para o seu correcto uso", comentou Villares, para o que é preciso desenvolver un plan para a 'alfabetización mediática' dos galegos, xa que "sen unha sociedade formada e informada é extremadamente difícil a consolidación de boas prácticas democráticas".

En concreto, En Marea propón a creación dun "foro galego de educación, comunicación e cidadanía" ou o desenvolvemento por parte da Consellería de Educación dun "plan de educación mediática para a súa implementación en todos os ámbitos formativos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

6 Galegus

Lo mejor que se puede hacer con la Telegaita es CERRARLA. Y si alguien la quiere mantener que la pague él de su bolsillo. Es un nido de enchufados con sueldos escandalosos al servicio del poder político de turno.

1 mastro

a TVE, a TV á que os españois tedes dereito, e que pagamos os españois e os que non nos sentimos págase con nosos impostos. si hai que pechar algunha (que non é o caso) a primeira a televisión española polo que nos leva chuchado dos nosos impostos. eu son galego e quero unha TV pública non ao servizo do goberno popular, para iso xa está La Voz, (coas debidas desculpas a Fernanda Tabarés que mantén o tipo).

2 Galegus

Por mi la TVE la pueden cerrar igualmente, como todas las televisiones autonómicas. No me vengas con chorradas.

5 Manucho

Non se parece tanto oh. Un é azul e outro vermello. Miña nai, deben estar en horas baixas os ideólogos da Marea

4 Loisin

Marea coa Mahou hahahahaha! Un bo símil... Partido cheo de españolistas de Podemos, coa cervexa española de referencia. O logo clavado. Toda unha ida ao "pacto do botellín" de IU e Podemos.

3 Esquizo

Acordo uns tuits cariñosísimos entre o Gómez-Reino sen estudos universitarios e un xornalista, repartindo xa cargos no pastel da TVG. Sen reparo ningún, que así é como as gastan. Pero claro, un xa non sabe que é peor. Se iso ou seguir aguantando a Gayoso, Piñeiro ou demás caspa verbeneira

2 Bufffff

Boh, canta chorradiña pomposa e pedantona xunta. Os "profesionais" fan todos augas maiores e menores, teñen ideoloxía. Soa moi similar ao engano das famosas comisións de "expertos", que escollen os políticos para q fagan de bufóns das decisións q tomaron, pero o de "expertos" como o de "profesionais" parece q lles da neutralidade, independencia, q son a fonte pura e cando van ao aseo fan augas con olor a colonia. Mera propaganda para bobiños, como cando fan halagos á masa falando da xeración mellor preparada para referirse as vítimas da ESO, q non fan o o cun canuto. Non so é a Voz a que publica imaxes supermariquitas do candidato. Vós tamén. Ou ao mellor son eu q polo rollo pomposo e pedantón q ten, o percibo como se fose toda unha señora con abrigo de piel pedindo nun posto na rúa o día da loita contra o cancro. Algo haberá q correxir, ou alguén terá q falar da súa orientación sexual.