En Marea quere “devolver á cidadanía” os medios públicos cunha reforma da CRTVG

Aposta por unha "profunda" reformulación do consello de administración do ente público e a creación dun consello de informativos. Tamén quere fomentar o uso do galego nos medios de comunicación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

En Marea conta no seu programa electoral cunha "profunda reforma" da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) para "devolver os medios públicos" á cidadanía. Así o anunciou hoxe o seu candidato á Presidencia da Xunta, Luís Villares, quen avanzou que proporán unha reformulación do ente público galego, a través dunha "profunda reforma" do Consello de Administración da CRTVG que, na súa opinión, foi convertido "polos partidos tradicionais nun balneario para vacas sagradas"

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Europa Press.

Así, Villares pola racionalización de salarios dos membros do consello, o fomento da "transparencia no seu funcionamento" e a incorporación a este de traballadores da propia CRTVG, de "profesionais de relevancia no sector" e "representantes da sociedade civil". Ademais, puxo sobre a mesa a creación dun "estatuto profesional dos traballadores", así como a "dun consello de informativos" que "impida calquera indicio de manipulación informativa e asegure a participación dos traballadores na política editorial".

"Comunicar e recibir información veraz é un dereito fundamental. Para iso están os medios públicos en Galicia, non para que Feijóo devolva favores aos seus amigos e para aforrar diñeiro ao PP pagando unha e outra vez con diñeiro público a súa propia campaña electoral", arguíu Villares.

"DÉBEDA DOBRE"

Para o candidato de En Marea, estas iniciativas pretenden saldar unha "débeda dobre", primeiro "coa cidadanía no seu conxunto", para que os galegos se sintan "representados na súa diversidade" nos medios de comunicación públicos e, segundo, cos "traballadores do sector" para "garantir os seus dereitos".

Así mesmo, tamén avanzou que a súa formación tratará de "impulsar a reforma da Lei de Medios Audiovisuais de Galicia" para facela "máis democrática", así como garantir o seu cumprimento no "que se refire aos medios de comunicación comunitarios", como as emisoras municipais.

DEBATES E USO DO GALEGO

Por outro lado, Villares anunciou que, de converterse en Presidente da Xunta tras as eleccións do 25 de setembro, someterase "periodicamente ás preguntas de xornalistas escollidos polo consello de informativos" da CRTVG. "Feijóo será o último inquilino escapista de Monte Pío", apostilou.

Villares criticou, ademais, o modelo de "debate a cinco" proposto pola CRTVG que se celebrará —a falta de confirmación oficial— o próximo 12 de setembro, xa que acusa a Feijóo de "non concretar" as regras do debate nin "garantir a igualdade de condicións para as distintas forzas políticas".

"Para nós os debates non dependerán dos intereses particulares dun goberno, se non que serán obrigatorios no seu formato e as súas regras de xogo a criterios obxectivos, democráticos e transparentes", apuntou.

Ademais, sinalou a necesidade de "desenvolver plans transversais" dende a Xunta para o fomento do uso do galego nos medios, xa que é unha lingua "claramente discriminada no ámbito mediático".

Así, avanzou o reforzo da "normalización lingüística en todos os concursos públicos relacionados coa comunicación" e o impulso do galego "incentivando o tecido informativo local, xa sexa a través da existente rede de emisoras municipais" ou "favorecendo a creación de servizos de comunicación comunitarios".

EDUCACIÓN

"Os medios son unha ferramenta de escrutinio público fundamental que perden o seu sentido se a cidadanía carece das competencias necesarias para o seu correcto uso", comentou Villares, para o que é preciso desenvolver un plan para a 'alfabetización mediática' dos galegos, xa que "sen unha sociedade formada e informada é extremadamente difícil a consolidación de boas prácticas democráticas".

En concreto, En Marea propón a creación dun "foro galego de educación, comunicación e cidadanía" ou o desenvolvemento por parte da Consellería de Educación dun "plan de educación mediática para a súa implementación en todos os ámbitos formativos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

11 Observatorio

Para quen quera saber das relacións entre os partidos políticos e a prensa non lle queda outra que estudar a relación do BNG de Pontevedra cos diarios e radios que empresarios de dereitas teñen abertas nesa cidade. O BNG, nesta campaña electoral en particular, e algún candidato sinaladamente, enchen páxinas de xornais e horas de radio. Propaganda pura como na TVG co PPdeG. O problema é cando a xente se pregunta de onde poden sair os cartos que financian a aparición repetida dos partidarios de Ana Pontón. Os de Benito Trouleada non reciben tantos cartos...

1 O que hai que ouir

Volve cambiar de nome e repite algunha vez máis a misma leria a ver si alguén che cree semejante parvada, ánimo troll ;-)

10 Medo me dan

Mimadriña a Cidadanía. Non será a Cidadanía de Comunicación ou algo así como fan estes http://www.cousasdeimeneo.net/o-gob...

9 Bragado

Vota Mahourea! De mal en peor. Da vergonza ver a Villares con ese logo detrás. Moi mal

8 Gamela

Prometéusenos formar parte da Sociedade da Información a cambio de adaptar tódolos nosos receptores á TDT e logo do coste brutal para todos e gran negocio dalgúns espabilados a TDT segue sendo telebasura nun 90%. O chamado APAGÓN ANALOXÍCO en realidade foi un Apagón Informativo ! http://gamela00.blogspot.com.es/201...

7 Alberte

Esta fim de semana pedi uma 19... num bar de Baiona. Resposta: No trabajamos esa marca, sólo Mahou. Há que fazer que os madrilenos (turistas e amados-líderes) se sintam à vontade. Hai Marea!

1 Manel

Alberte, a razón de que Mahou se estea metendo en festivais, salas e en moitos bares non é esa, érache boa. O tema está nos prezos: Mahou está chegando aos hosteleiros con moi boas ofertas mentres que a Estrella non dá absolutamente nada e ten a 1906 e a normal a prezos de cervexas de importación. Iso si, na súa campaña de expansión pola Península ofrece prezos competitivos. Debe ser que asume esas perdas cravándolla aos clientes de toda a vida de aquí.

2 Alberte

Se calhar é assim, mas eu sempre peço cerveja nacional. É por princípios, e também não penso volver a esse bar

3 dalle que libras

Pois en Madrid, Extremadura, Andalucía e Euskadi, podes tomar 1906 case en tódolos lados

4 nostrus

Alberte, ¿la Mahou no es cerveza nacional? yo creo que mas que consumir cerveza consumes porros. Ya se, te refieres a cerveza gallega, ¿o sea que bebes cerveza gallega aunque no te guste?, por eso yo mantengo que un nacionalista es capaz de comer paja si le dicen que es gallega. Para estar colonizado por el nacionalismo es necesario tener la mente vacia.