Temas: DESAPARECIDO

Localizan en Lugo o mozo de Narón desaparecido o xoves na Coruña

Roberto Carlos F.P., de 33 anos, foi localizado no hospital universitario Lucus Augusti (Hula).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Roberto Carlos F.P., o mozo de Narón que desapareceu o pasado xoves na Coruña, foi localizado en bo estado de saúde este luns en Lugo, segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Nacional desa cidade.

Roberto Carlos F.P., mozo de 33 anos desaparecido na Coruña
Roberto Carlos F.P., mozo de 33 anos desaparecido na Coruña

En concreto, o mozo, de 33 anos, foi localizado no hospital universitario Lucus Augusti (Hula). O cartel de 'Se busca' que distribuíra a Garda Civil o domingo xa avisaba de que é unha persoa que necesita medicación.

As citadas fontes da Policía Nacional indicaron que unha persoa se puxo en contacto coa nai de Roberto Carlos F.P. este luns, de modo que o mozo marchou voluntariamente con ela.

Na imaxe difundida a través das redes sociais o instituto armado tamén alertara de que podía viaxar cara a León.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta