O PP promete promesas electorais

Feijoo acaba de presentar o programa definitivo da súa campaña e a medida estrela vai ser prometer promesas electorais.

Por Galicia Confidencial | | 10/09/2016 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Onte tivo lugar a rolda de prensa na que o Partido Popular amosou a súa estratexia de campaña. Nela, Miguel Tellado e Rueda anticiparon a táctica dos populares para manter a Xunta: as promesas.

Feijóo e Rueda saludando nun mitin de Pontevedra do PPdeG
Feijóo e Rueda saludando nun mitin de Pontevedra do PPdeG

Deste xeito prometeron un programa electoral a través dun PowerPoint de color azul clariño para que as persoas vernáculas do país se poidan sentir identificadas co galeguismo pero non tan evidente para que o resto dos seus votantes non o poidan identificar co color do ceo. Na primeira diapositiva amosouse infografía dun libro. “Prometemos este programa electoral”, comezou Miguel Tellado para dar paso a Alfonso Rueda que indicou que “prometeremos promesas electorales. Todas. Incluso prometeremos las promesas de otros partidos. Nadie nos va a ganar a prometer. Lo prometo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta